Todos os alumnos/as que queiran preinscribirse deberán presentar o impreso cuberto no Rexistro Municipal en horario normal de oficinas (de 8 h a 14 h) para formalizar a súa preinscrición ou tamén enviando o impreso cuberto ao correo electrónico [email protected]. O impreso de preinscripción pódeno recoller nas oficinas do Concello ou na web do Concello.
Rematado o prazo de preinscrición fárase público no taboleiro de anuncios do Concello o listado de novos admitidos/as na Escola Municipal de Música para o curso 23/24. O pago da matrícula farase mediante o Acordo Regulador do prezo público: «O pago da presente exacción efectuarase mediante padrón que se aprobará unha vez finalizado o período de matrícula, liquidándose o prezo polo sistema de recibo, sendo a domiciliación bancaria o xeito preferente de abono do prezo», indican.
Recordamos que esta preinscrición é para novos alumnos. Os alumnos que desenvolveron a súa actividade na Escola durante o curso 2022/2023 xa tiveron a posibilidade de matricularse durante o pasado mes de xuño.