A XV Marcha "Minas da Silvarosa" celebrarase este sábado en Viveiro
06 de septiembre de 2023 (17:50 h.)
O Concello de Viveiro será este sábado, 9 de setembro, o escenario da XV Marcha "Minas da Silvarosa", unha proba que partirá ás 17 h da praza do Concello e rematará no museo das minas, no monte Pinido.
Na presentación da marcha interviñeron esta mañá a alcaldesa, María Loureiro; a tenenta de alcaldesa, Míriam Bermúdez, e Xosé Xesús Oca Ben, en
representación da Asociación Cultural e Deportiva (ACD) Minas da Silvarosa, entidade organizadora coa colaboración do Concello.
Tanto María Loureiro como Miriam Bermúdez puxeron en valor «a importancia dunha marcha que combina deporte e natureza», ademais da lembranza dunhas minas nas que chegaron a traballar 500 mineiros.
Na presentación de hoxe, Oca Ben anunciou a disolución da Asociación Cultural e Deportiva (ACD) Minas da Silvarosa. Para máis información, pódese contactar con Xosé Xesús no 606 119846.