Volve o 'Juepeo', os xoves de tapeo en Viveiro
Serán 14 os participantes desta nova edición: Muro Restaurante, Vinoteca Los Leones, El Tigre, Restaurante Casa Pepi, Cornelius, Mesón O Recuncho, O Rincón do Tronco, Asador La Quinta, Gastrobar Hotel Urban, Atlántico Gastrobar, Mesón A Ría, Pulpería O Panadeiro, La Tortilla Maravilla e, como nova incorporación, únese Las Delicias de Belkis, un local de recente apertura.
Ofrecerán todos os xoves unha tapa ao prezo de 3 euros. Esta xa é a novena edición que se pon en marcha, unha inciativa que foi moi ben acollida polo público e que pouco a pouco foi medrando e asentándose como a alternativa de ocio para os xoves. O obxetivo desta campaña é dinamizar os negocios de hostalaría do centro urbano de Viveiro.
E para os amantes dun bo cóctel volven a pór en marcha o "D´Copeo", no que todos os xoves o Gato Pardo e o Tigre ofrecerán un cóctel distinto por 5 euros. Para este primeiro xoves poderán gozar dun JagüerMojito no Gato Pardo e dun Mojito no Tigre.
Seguiranse sorteando entre os clientes 200 euros en vales de compra a consumir nos locales participantes, repartidos nun premio de 100 euros e dous de 50 euros. A forma de participar é moi sinxela, con cada tapa entregase ao cliente una tarxeta para que vote que lle pareceu a tapa, cubriranse os datos e depositaranse nas urnas que haberá habilitadas en cada local. Por cada tapa que proben, unha posibilidade de gañar.
Estas son as tapas que se poderán degustar o primeiro xoves:
Muro Restaurante: Tosta de cecina, queso de cabra y tomate confitado
Vinoteca Los Leones: Pinchos morunos
Las Delicias de Belkis: Hamburguesa Belkis
El Tigre: Perrito Napolitano
La Tortilla Maravilla: Tortilla Maravilla con rallado de queso manchego
Restaurante Casa Pepi: Crep de merluza en salsa de coco
Mesón O Recuncho: Enchilada Hondureña
O Rincon do Tronco: Huevo con torrezno
Asador La Quinta: Zorza
Gastrobar Hotel Urban: Huevo roto con zorza y patatas panadera
Atlántico Gastrobar: Solomillo de cerdo a las 3 pimientas
Mesón A Ria: Cachopo de cerdo
Pulpería O Panadeiro: Pulpo al Ajillo con patata Panadera