Viveiro realiza traballos de limpeza e mantemento das praias tras a tempada estival
25 de septiembre de 2023 (13:17 h.)
A tenenta de alcaldesa e responsable de Obras do Concello de Viveiro, Miriam Bermúdez, informa da realización de diferentes tarefas de reparación, limpeza e mantemento nas praias do municipio unha vez rematada a tempada de verán.
Na praia de Covas «realizáronse traballos de mantemento na pasarela, arranxando as táboas en mal estado», explica Bermúdez, ademais de proceder á limpeza da rampa de acceso aos baños que están ao carón da parrillada.
Na praia de Area, houbo labores de mantemento e desbroce no paseo, ademais de procederse á limpeza da zona despois duns meses de moita afluencia de persoas.
«O obxectivo destas tarefas de mantemento é deixar os areais en boas condicións para a tempada de inverno», engade a tenenta de alcaldesa.