Viveiro celebra a vindeira semana o seu II Torneo de Pádel
O Concello de Viveiro presenta unha nova edición do seu Torneo de Pádel, que terá lugar entre o martes día 5 de setembro e o domingo día 10. As inscricións poden realizarse ata o día de mañá sábado 2 de setembro no enderezo www.mistorneosonline.es.
Participaron na presentación deste novo evento deportivo a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro; o concelleiro de Deportes, Eleazar José Rodríguez Abuín; e membros da organización.
O II Torneo de Pádel Concello de Viveiro constará de cinco categorías: primeira masculina, segunda masculina, terceira masculina, mixta e feminina. A inscrición ten un prezo de 20€ máis 10€ por cada categoría adicional, agás para socios do Club de Pádel Viveiro, unha das entidades organizadoras, que poderán inscribirse por 15€ máis 10€ por cada categoría adicional.
Pode solicitarse máis información sobre o evento nos números de teléfono 609 867 016 e 635 549 330. Ademais do Concello de Viveiro e o Club de Pádel Viveiro, participan na organización a Deputación de Lugo, o Hotel Ego e o Hotel Viveiro.