Presentada a VII Carreira Popular #TODOSCONADRY en Viveiro

O Concello de Viveiro acollerá o próximo mércores, 9 de agosto, a VII Carreira Popular de Viveiro #TODOSCONADRY, que servirá tamén de homenaxe a Adrián Ben.

No acto de presentación da carreira participaron o propio Adrián Ben; a alcaldesa, María Loureiro, e o concelleiro de Deportes, Eleazar José Rodríguez Abuín.

O día 9, desde ás 20 horas na praza Maior, celebraranse as carreiras nas categorías Pitufos (2016 e posteriores); Sub10 (2014-2015); Sub12 (2012-2013); Sub16 (2008-2009); Sub14 (2010-2011); e Absoluta (2007 e anteriores).

Loureiro e Rodríguez Abuín destacaron o carácter da proba, «para todas as idades e co obxectivo de facer deporte nun ambiente familiar». Adrián Ben, en plena preparación do Campionato do Mundo, agradeceu a organización da proba e a homenaxe.

Máis información en www.tourmariña.com e inscricións en ccnorte.com.