A terceira das analíticas confirma que a praia de Celeiro é apta para o baño, pero a prohibición segue vixente
Esta prohibición, indican, produciuse cando a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia eliminou a este areal do programa de vixilancia sanitaria das zonas de baño de Galicia por mor dos resultados microbiolóxicos obtidos en tempadas pasadas. Porén, as analíticas realizadas semanalmente desde entón avalan o baño nesta praia.
Desde o Concello sinalan que «o pasado 23 de agosto solicitouse de novo a inclusión da praia de Celeiro no programa de vixilancia sanitaria, xa que aos resultados nas últimas analíticas hai que sumar as recentes obras de mellora da EDAR de Celeiro e no emisario». «Confiamos en que esta situación se resolva o antes posible», engaden.
Ata que o areal non sexa incluído de novo no programa, o Concello «continuará informando aos usuarios tanto da prohibición vixente de bañarse nas súas augas como dos resultados microbiolóxicos obtidos nas últimas semanas».