El Concello de Viveiro reafirma su compromiso con la Banda de Música O Landro

Fotografía: Banda Municipal de Música O Landro (Facebook)
El concelleiro responsable de la banda, Jesús Fernández, aclara que el Goberno local «vaina seguir apoiando, como fixo ata agora».

Jesús Fernández, destaca que «dende 2015 achegamos á banda case 300.000 euros, con 25.000 euros cada ano exceptuando o 2023, no que non foi posible ao non poder contar con orzamentos municipais ese ano». «Pedimos desculpas polas molestias ocasionadas co retraso de 2023, pero ao gobernar en minoría non puidemos ter os orzamentos cando quixemos, e a lei impide dar subvencións nominativas como esta cos orzamentos prorrogados», explica el edil. 


Fernández apunta que «no 2023 o Concello non contou con orzamentos pola tardanza en conformarse o Goberno, polo que ningunha asociación puido recibir as súas subvencións nominativas». «Tratamos dende o minuto 0 de solventar dalgún xeito este problema para as asociacións, pero non foi posible, e presentouse un orzamento a finais de 2023 que foi rexeitado pola oposición na corporación municipal», indica el concelleiro. «No pleno do 5 de xullo conseguimos sacar adiante un acordo co grupo Por Viveiro para os orzamentos, despois de que a alcaldesa conseguise unha subvención da Deputación de Lugo que entre outras cuestións incluía a das subvencións aos colectivos», añade.


El edil subraya que ya hay consignados en el presupuesto del año 2024 «422.000 euros para estes colectivos, entre eles a Banda de Música, á que se lle asignaron este ano preto de 50.000 euros, unha cifra que inclúe as partidas tanto do ano 2023 como do ano 2024»


La Banda de Música, afirma Fernández, «está a punto de asinar o convenio para poder solicitar un anticipo, e antes do mes de decembro, xustificar tanto facturas do ano 2023 como do ano 2024». «Eu brindeime dende o primeiro momento a colaborar con eles e sígoo facendo, apoiando todas as iniciativas que nos propuxeron, como os obradoiros de verán, os certames de bandas, actuacións, etc.», enumera.

«Non queremos entrar en polémicas, para nós a Banda é todo un referente, con máis de 100 anos de historia, e agradecemos a súa colaboración co Concello», indica. «Só queremos aclararlle aos veciños e veciñas, porque así nolo demandan, que o Concello sempre buscou colaborar con todos os colectivos e seguirao facendo, añade. «Estamos moi agradecidos ao director Carlos Timiraos, que despois de 9 anos puxo fin á súa traxectoria coa banda, polo gran traballo realizado coa mesma, e desexamos que teña moitos éxitos na súa carreira», finaliza el edil.