O Campus Terra da USC amosa o seu compromiso co desenvolvemento sostible da Mariña

36 entrevistas realizadas en Viveiro polo alumnado do MERYCSE serven para implicar á comunidade da Mariña na busca de oportunidades en sostibilidade. 

A pasada fin de semana, desde Prato_DO organizaron en Viveiro a primeira etapa do seu proxecto Comunidades de Impacto.Prototipo Viveiro.  Realizaron este evento xunto con Luis Madrid, creador da metodoloxía comunidades de impacto co obxectivo de identificar os principais retos existentes en Viveiro e atopar solucións benefiiciosas para o territorio.


Os principais protagonistas desta xornada foron o alumnado do Máster Universitario de Enerxías Renovables Cambio Climático e Desenvolvemento Sostible da USC, pois neles recaeu a responsabilidade de contactar cos cidadáns de Viveiro e atopar as necesidades que eles notaban en falta na súa cidade.


Despois dunha xornada de entrevistas pola rúa tratando ámbitos variados como o social, o económico e o ambiental, o alumnado comezou a analizar as respostas obtidas por parte dos viveirenses. Puntos como a mala conectividade co resto de Galicia, falta de relevo xeracional, perda do comercio local e dificultades co alugueiro das vivendas foron as respostas máis atopadas entre a sociedade.


Ante estas evidencias, mediante unhas xornadas de estudo e planficación, os participantes desenvolveron uns proxectos de solución a estes retos, os cales foron presentados este domingo aos distintos actores de representación da cidade nun diálogo aberto con comunicación entre todos os actores. 


Aproveitamos esta oportunidade para agradecer o apoio brindado polos nosos patrocinadores: Concello de Viveiro, Fundación Roberto Rivas, Campus Terra USC, Rural Citizen e BIKOnsulting. E tamén polos organismos participantes: Puerto de Celeiro, Promavi, Lopez Pigueiras, Centro Comercial Casco Histórico de Viveiro, Carlos Nuevo, Aspanane e Casa Chao. Queremos, por último, facer unha mención especial ao alumnado, cuxa participación e implicación foi clave para o desenvolvemento do proxecto.