Bermúdez lamenta «a deriva tan escénica e pouco seria que está collendo a política municipal de Viveiro»

La nacionalista hace, además, un llamamiento al Partido Popular para que «reflexione sobre as súas tácticas desleais á cidadanía e adopte unha actitude máis construtiva e responsable». 

A pesar de las dificultades económicas, explica Míriam Bermúdez, portavoz del BNG en Viveiro y tenienta de alcaldesa, «o BNG está a traballar dende o primeiro día para sacar adiante proxectos que beneficien a Viveiro». Entre las acciones llevadas a cabo por las áreas de las que el Bloque Nacionalista Galego es responsable, Bermúdez destaca: «as obras de mantemento con auga a presión no paseo fluvial están a piques de comezar e o contrato da luz está en proceso, o cal suporá un aforro significativo. Estamos tamén a traballar en estudos importantes como os de Accesibilidade e Mobilidade. Ademais, están en marcha obras de ampliación e mellora do saneamento en Vieiro e Celeiro, e prevista a reparación do abastecemento de Magazos a Xunqueira con novas beirarúas. Tamén neste mes de xuño irán para aprobación as ordenanzas de acceso a praias e da saca de madeira».


«Temos proxectos para o futuro como a adquisición dun novo tractor de desbroces e a renovación do parque infantil da Atalaia. O novo procedemento para a xestión de biomasa está operativo, e o servizo de praias ampliouse nun mes. Próximamente, licitaranse as obras do parque Pernas Peón, que contribuirán á mellora da accesibilidade e da flora deste espazo ademais dos camiños que xa foron renovados, tamén están en proceso de licitación as obras de mellora do punto limpo, a licitación dos postos da praza de abastos e a renovación do edifcio, entre outras moitas actuacións importantes», prosigue.

Asimismo, reivindicó el trabajo del gobierno municipal: «como podemos observar, o actual goberno bipartito conformado entre o BNG e o PSOE no que se estableceu un reparto de áreas, como é habitual en calquera acordo de goberno, está traballando con total normalidade, cunha coordinación clara e efectiva para o beneficio de todos os veciños e veciñas de Viveiro».

Por Viveiro 

«A pesar de que nós non asinamos ningún acordo formal con Por Viveiro, o BNG está a traballar activamente na consecución dos 15 puntos establecidos nese acordo, pois consideramos que son beneficiosos. Aínda que hai que ter en conta que levamos uns meses e ese acordo era a dous anos», expone Bermúdez, que explica que «desde o BNG sempre estivemos en conversas con PSOE e Por Viveiro para chegar a un consenso sobre os Orzamentos de 2024. Dado que a elaboración dun orzamento non é algo doado e precisa dos debidos estudos e cálculos para cadrar contas, desde o BNG fomos falando con ambas forzas PSOE e Por Viveiro antes, durante e unha vez finalizada a elaboración do Orzamentos continuando a día de hoxe».

Llamamiento al Partido Popular

«Desde o BNG apelamos á responsabilidade da oposición pois é crucial para o concello contar con este Orzamento, xa que a situación económica actual podería comprometer cuestións de vital importancia, como o proceso de estabilización que permitirá reforzar áreas esenciais como a de obras, intervención ou contratación e incluso á tramitación de contratos de subministros e servizos para o normal funcionamento do Concello», indica la nacionalista, que se muestra preocupada por la actitud de un PP «que promove a desinformación cun comportamento inmaduro e de confrontación, co cal  impiden o debate político e prosperación de acordos». «Tampouco no pleno de aprobación dos Orzamentos foron quenes, apesares de seren preguntados, de mencionar un só apartado cos que estiveran en desacordo dos Orzamentos Municipais, e aínda así, decidiron votar en contra», añade. 


Así pues, hace un llamamiento al Partido Popular para que «reflexione sobre as súas tácticas desleais á cidadanía e adopte unha actitude máis construtiva e responsable. Instamos á oposición a desbloquear esta situación e a colaborar na resolución dos retos que temos diante»