El PSOE de Vilalba acusa a Javier Arias de «desealdade institucional»
El PSOE de Vilalba ha emitido un comunicado en el que «lamenta os continuos desprezos e mostras de deslealdade institucional por parte do delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias, coa complicidade dos representantes do Partido Popular de Vilalba e do presidente da administración autonómica, Alfonso Rueda». «Nas últimas semanas, Javier Arias visitou a capital chairega en reiteradas ocasións como representante da Xunta de Galicia para facer entrega dunha vivenda de promoción pública, para visitar as instalacións de Grupo Forma-T en relación a cursos impartidos con fondos autonómicos e, recentemente, para visitar as obras do plan Marco de mellora de camiños», argumentan.
Eduardo Vidal, secretario xeral del PSdeG vilalbés, estima que son «actos nos que se entende sobradamente que actúa como representante da administración pública á que pertence, a Xunta de Galicia, e nos que en ningún caso se tivo a ben convidar á representante de todos os vilalbeses e vilalbesas: a alcaldesa, Marta Rouco». «O Partido Popular ten que saber distinguir entre actos políticos e actos institucionais aos que corresponde convidar a todas as institucións implicadas e, neste caso, é sanguento que acudan os concelleiros do Partido Popular en Vilalba e mesmo populares que non teñen ningún cargo institucional representativo en Vilalba, pero non o faga a representante dos vilalbeses e vilalbesas que é a nosa alcaldesa, Marta Rouco», agrega.
Marta Rouco, por su parte, indicó que «o representante dunha administración pública, neste caso Javier Arias, como delegado territorial da Xunta de Galicia, ten como obriga relacionarse de forma leal co resto de institucións e, cando menos, o presidente da Xunta de Galicia debería velar porque os seus representantes así o fagan. Como representantes da cidadanía, debemos manter interlocución entre as administracións ao marxe das cores políticas, pero a Xunta de Galicia, coma sempre, ignora a Vilalba e os intereses dos vilalbeses e vilalbesas». «Con este tipo de xestos, demostran que priorizan os seus intereses políticos fronte aos intereses de Vilalba e dedícanse a facer propaganda do seu partido político chegando a empregar para elo a un cargo público», reflexionó la alcaldesa.
Vidal manifiesta que «se o que queren é facer propaganda das inversións da Xunta de Galicia no noso concello, deberían empezar por atender as peticións de reunións que lles trasladamos en reiteradas ocasións e asinar convenios co Concello de Vilalba para realizar inversións reais e comprometidas co noso municipio».