Malestar en Vilalba por la desestimación del Xunta de declarar la Feira do Capón como Festa de Interese Turístico de Galicia
La Axencia Galega de Turismo ha comunicado al Concello de Vilalba que la Feira do Capón, que este año se celebrará el 21 de diciembre, no será declarada Festa de Interese Turístico Galego. Una noticia con la que la alcaldesa Marta Rouco se ha mostrado molesta: «A Xunta de Galicia argumenta a súa desestimación na falta de arraigamento da Feira do Capón en Vilalba. Esa argumentación carece de razón de peso, e non se trata dunha opinión persoal, senón apoiada polos criterios que o Consello Provincial de Turismo esgrimiu para galardoar a nosa Feira do Capón o pasado mes de setembro co premio ‘E para comer…Lugo’ pola súa antigüidade, singularidade, arraigamento e valor cultural».
La regidora argumentó que «o capón de Vilalba ten unha longa historia demostrada coas referencias bibliográficas que posuímos no Concello e nos falan da existencia de capóns desde o ano 1521. A Feira do Capón destaca por ser a única feira en Galicia destas características, sendo a máis arraigada no tempo, e conta cun elevado número de criadores de capóns locais e consumidores fieis a un produto de alta calidade, mantendo ano tras ano unha feira tradicional».
Rouco señaló que «a resolución da Xunta de Galicia mesmo chega a mencionar que durante o ano da pandemia a feira non se celebrou, pero os capóns para o Nadal vendéronse igual. Isto denota un profundo descoñecemento por parte da Axencia Galega de Turismo tanto da Feira do Capón como da identidade do pobo vilalbés; de feito, entre a documentación aportada queda acreditado a celebración de numerosas actividades arredor da Feira do Capón». «Calquera vilalbés ou vilalbesa sinte a Feira do Capón como unha celebración propia e á que todos acudimos ano tras ano, con independencia de que un vaia a mercar capóns ou non. O meu malestar increméntase por ver como dende o goberno autonómico se sigue desprezando desta forma a Vilalba e, sobre todo, aos vilalbeses e vilalbesas».
Pese al revés, la alcaldesa manifestó que «dende o Concello seguiremos insistindo e comprométome persoalmente a que volveremos a iniciar os trámites, presentar a documentación e seguiremos loitando polo que nos é de dereito». «Chócanos especialmente esta noticia porque este pasado domingo, precisamente na presentación da Feira do Capón, o delegado da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias, trasladoume a min e aos medios de comunicación a súa intención de apoiar esta iniciativa, á vez que falaba dunha feira mítica e tradicional, criterios que polo visto non comparten dende a administración á que Arias representa na nosa provincia», expresó.