Los senadores del PP exigen plazos e inversiones del Gobierno para el polígono industrial de Morelle, en Sarria

Los senadores del PP, con empresarios del Polígono de Morelle, en Sarria
Consideran «necesario» ampliar el suelo para atraer actividad y empleo

José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro y Juan Serrano, senadores del PP, reclaman al Gobierno que «impulse a urbanización da segunda fase do polígono industrial do Morelle, en Sarria, concretando prazos e investimentos». Serrano explica que «despois de coñecer a resposta oficial do Goberno de España ás preguntas sobre a situación deste parque empresarial responsabilidade da entidade estatal do solo (SEPES), o Executivo asegura ter feito o proxecto, pero non compromete nin prazos nin contías, polo que non parece que o Goberno de Sánchez teña intención real de executar esa segunda fase».

Los senadores populares debatirán en la Cámara Alta «unha demanda dos empresarios e do PP de Sarria para executar a ampliación do polígono co obxectivo de consolidar e atraer actividade económica e xerar empregos; así como a comercialización e venda de novas parcelas a un prezo asequible e competitivo». «O obxectivo é dispoñer do maior espazo posible para poder levar a cabo unha actuación viable que atraia máis empresariado a unha zona especialmente dinámica», afirma Serrano.

El propio Juan Serrano considera que «a creación de solo industrial, sobre todo en localidades como a de Sarria, onde hai unha alta demanda, debe ser unha cuestión prioritaria para o Goberno de España e que o polígono do Morelle poida dispoñer de novas parcelas supoñería un revulsivo de fronte ao futuro, ademais dunha aposta decidida pola revitalización da actividade empresarial e pola creación de emprego».

Los senadores populares indican que «en outubro do ano 2020, tanto o daquela Delegado de Goberno en Galicia (Javier Losada) como o alcalde da localidade (Claudio Garrido), daban por seguro que se promovería a segunda fase de urbanización deste polígono, un compromiso que máis de 4 anos despois aínda non se materializou».