Carmen José López, portavoz del PP de Sarria, considera «oportuno afondar nas actuacións de rexeneración e recuperación do valor do entorno da Veiguiña para o seu aproveitamento como espazo de encontro e lecer dentro dos usos e actuacións compatibles coa zona de dominio público hidráulico, unha vez que se anunciou o remate das obras da mellora do saneamento e estación depuradora da EDAR de Sarria». «Dende o Grupo Municipal do Partido Popular seguimos levando a cabo unha oposición propositiva para mellorar a calidade de vida dos veciños e ofrecer mellores infraestruturas e servizos. Nesta ocasión, proporemos no vindeiro pleno que o Concello de Sarria xestione ante a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, entidade dependente do Goberno de España, unha actuación coordinada para impulsar un plan de recuperación da zona da Veiguiña», argumenta.
La portavoz popular estima que «este plan debe contemplar medidas para a recuperación das áreas degradadas, actuacións de conservación da flora e fauna autóctonas, a creación de espazos accesibles e con equipamentos axeitados para o aproveitamento sustentable do entorno como espazo natural de lecer e a recuperación da ponte. A plataforma da ponte quedou partida á metade a raíz do temporal e das enchentes rexistradas en xaneiro do ano 2023 e, a día de hoxe, segue sen unha solución».