Carmen José López, portavoz del PP de Sarria, exige al alcalde que «faga os deberes e presente o plan do matadoiro, tal e como se comprometeu coa Consellería de Medio Rural. Sen cumprir coa súa parte, non se pode facer efectivo o apoio da Xunta». «Seguimos con moitas preguntas e poucas respostas sobre a xestión municipal do matadoiro e sen ter noticias do plan de viabilidade ao que alcalde se comprometeu a aportar á Consellería de Medio Rural para poder determinar os apoios da Administración autonómica ao matadoiro municipal de Sarria», agrega.
La portavoz del PP considera «inadmisible que“o alcalde esixa apoio e compromiso a través da prensa, pero que non aclare se aportou ou non o proxecto tal e como se lle trasladou que debía presentar para facer efectivo o apoio». Carmen José López estima que «esta dinámica é a de sempre: o goberno de Camiña Sarria non ten entre os seus obxectivos buscar solucións, senón unicamente facer crítica política e botar balóns fora en lugar de garantir a viabilidade do servizo».
López afirma que «a veciñanza ten dereito a saber o que fixo o alcalde: se presentou ou non o plan de viabilidade imprescindible para determinar as necesidades de apoio e inversións. Ten a man da Consellería tendida e o compromiso da conselleira. Agora a pelota está no seu tellado, pero o que falta é o traballo e a planificación por parte do goberno de Camiña Sarria, algo que se repite continuamente en distintos eidos da súa competencia e que está a lastrar permanentemente a xestión municipal».
«O goberno municipal non fai os deberes e logo estráñase de que o Concello vaia como vai: coa débeda disparada e con cartos que desaparecen. Sufrimos unha xestión nefasta e a ausencia absoluta de planificación e responsabilidade», argumenta Carmen José López.