El PP de Sarria pide que se reactive la comisión de investigación del matadero municipal
El grupo popular de Sarria pedirá que se reactive la Comisión de Investigación del matadero municipal. También solicitarán que se amplíe el ámbito y que se incluya la supervisión de la gestión municipal del servicio. Los concelleiros del PP estiman que «recentemente producíronse circunstancias que xustifican sobradamente a reactivación urxente: a resolución do Tribunal de Contas, que a petición da Fiscalía solicita investigar os feitos e determinar as responsabilidades de forma paralela ao procedemento xudicial en marcha, que se suma ao feito de que o matadoiro leva máis dun mes pechado, evidenciando a incapacidade e desinterese do goberno municipal polo servizo».
Los concelleiros del PP lamentan «a absoluta inactividade do goberno local de Camiña Sarria para indagar a onde foron parar os preto de 200.000€ que aínda non se sabe onde están e que permitirían sufragar gran parte das inversións necesarias para retomar o servizo».
La portavoz Carmen López afirma que «o goberno de Claudio Garrido quere que todo o que ten que ver co matadoiro pase o máis desapercibido posible, pero a situación é moi grave. Non só polo burato económico, senón porque está en perigo un servizo moi importante para a actividade da zona. Non lle interesa o servizo do matadoiro municipal, nin tampouco chegar ao fondo do asunto para recuperar o diñeiro que falta e poder destinalo a facer os investimentos que non fixo nos últimos anos e que terían evitado que se chegara a esta situación de paralización do servizo».