El PP de Sarria considera que «o goberno local está a hipotecar o presente e o futuro do Concello»
«A Conta Xeral de 2023 revela que o resultado orzamentario axustado e negativo por importe de -5,5 millóns de euros», afirman
El PP de Sarria afirma que, «á Conta Xeral do 2023 revela que o resultado orzamentario axustado do Concello é negativo por importe de menos 5.552.364,98 euros». La portavoz Carmen José López considera que «este goberno está hipotecando o presente e o futuro do noso Concello. E, o que é peor, sen planificación nin responsabilidade, toda vez que o propio alcalde recoñeceu na Comisión de Contas que non ten ningunha intención de corrixir estas deficiencias que se poñen de manifesto no informe de Intervención. Polo tanto, a situación probablemente desembocará na necesidade de levar a cabo un plan de axuste».
Los populares señalan que «o remanente de tesourería para gastos xerais descendeu preto dun 49% con respecto ao exercicio 2022, é dicir, o goberno de Camiña Sarria fundiu no 2023 a metade dos remanentes dos que dispoñía no 2022. A única planificación económica do goberno de Claudio Garrido é gastar e gastar ata que se esgote a hucha».
López estima que «as contas do Concello incumpren o obxectivo de estabilidade orzamentaria, da regra de gasto, de débeda pública e o período medio de pago a provedores. O Concello de Sarria incumpre todos os parámetros e o alcalde non ten intención ningunha de reparar e reconducir a situación».