Ribadeo inicia este fin de semana su «amplio» programa de actividades con motivo del 25N

Presentación actos 25N

La programación, que comienza este sábado con una 'andaina' que partirá a las 11.00 horas desde la Rúa de San Roque, se prolongará hasta el 5 de diciembre, día en el que se ofrecerá una charla con el juez José Antonio Vázquez Taín

Ribadeo organiza diversas actividades con motivo de la celebración del 25N. El programa inicia este fin de semana y se prolongará hasta el 5 de diciembre.  La programación incluye una `andaina, teatro, charlas para las familias, cuentacuentos y talleres en los centros de enseñanza. Tal y como informan desde el Concello, por Ribadeo “pasarán importantes figuras como José Antonio Vázquez Taín, Mª José Garrido Antón ou Olalla Guimarey”.

La edil de Igualdade, Begoña Sanjurjo, explica que “como non podía ser doutro xeito, polo 25N, Ribadeo pon o foco na prevención, na identificación, na actuación e na axuda contra a violencia de xénero. Se ben o traballo neste senso é constante durante os 365 días do ano, activarase unha programación especial con motivo desta data”.

A este respecto, la concejala señala que “co lema Move ficha contra a violencia de xénero, desde o Concello queremos animar a toda a sociedade a dar un paso cara adiante, xa que só xuntas e xuntos podemos erradicar esta lacra. E este paso cara adiante pasa por coñecer e identificar todos os tipos de violencia de xénero, que son moitos, e actuar para evitalos e eliminalos. O Concello organiza unha ampla programación destinada tanto aos centros de ensino como ao público xeral. Estas actividades abordan a sensibilización fronte á violencia de xénero e o impacto do mundo dixital, fomentando unha reflexión colectiva”.

Sanjurjo indica que “as actividades educativas dentro do programa O Concello cos Coles comezarán o 25 de novembro. Teremos contacontos, que transmitirán valores de igualdade e respecto para alumnado de infantil dos colexios Sagrado Corazón e Gregorio Sanz. Haberá tamén obradoiros de pulseiras contra a violencia, o alumnado de toda Primaria terá a oportunidade de participar nun taller especial centrado na elaboración de pulseiras simbólicas cunha mensaxe de apoio á loita contra a violencia”.

La concejala de Igualdade continuó relatando que “o 28 de novembro dirixida a 2º ESO e 1º FP Básica, haberá unha sesión que contará con dúas propostas complementarias: Taller Conectad@s a cargo da Asociación AliadUltreia. Será un espazo para reflexionar sobre como as redes sociais inflúen no benestar emocional da mocidade. E Taller de Ciberseguridade, que será impartido por María José Garrido Antón. A recoñecida psicóloga e experta en criminoloxía abordará como identificar sinais de violencia de xénero en liña. Este taller busca dotar á mocidade de habilidades para recoñecer e denunciar comportamentos tóxicos no ámbito dixital, promovendo a prevención”.

Begoña Sanjurjo dijo que “xa en decembro a psicóloga Olalla Guimarey traballará con alumnado de 1º e 2º ESO para explorar o equilibrio entre o mundo dixital e o real e fomentar unha conciencia crítica e a aprendizaxe de ferramentas preventivas. Ás 18:30 h do día 4, no Cine Teatro, esta psicóloga dirixirase ás familias, analizando o impacto do mundo dixital no benestar. Queremos convidar ás familias a unha charla especialmente dirixida a nais e pais para profundar no impacto das redes sociais na saúde mental das adolescentes. Para facilitar a asistencia das familias, o Concello farase cargo do servizo de ludoteca durante a charla. As persoas interesadas en facer uso deste servizo só deben avisarnos previamente no CIM, ata o día 3 pola mañá, para poder organizalo adecuadamente”.

Sanjurjo añadió que “o venres 5 de decembro o xuíz José Antonio Vázquez Taín impartirá, ás 19:00 horas no Cine Teatro, unha charla onde analizará como as novas tecnoloxías están sendo empregadas en casos de violencia de xénero. Este xuíz é recoñecido por ser un dos referentes no ámbito da xustiza penal en Galicia, destaca polo seu papel en casos moi mediáticos. A súa ampla experiencia no tratamento de delitos dixitais e a súa capacidade de comunicación converten esta charla nunha oportunidade única para entender os retos legais e sociais da era dixital”.

Actividades 23 y 24 de noviembre

La programación comienza este fin de semana:  “teremos dúas actividades para o público en xeral. A andaina Move ficha contra a violencia de xénero, que se celebrará o 23 de novembro. Terá inicio ás 11:00 da mañá na Rúa de San Roque e pasará polo Parador e a Praia dos Bloques, para poñer punto final no Auditorio Municipal, onde se celebrará un acto con lectura dun manifesto. Durante o camiño haberá paradas con materiais e dinámicas que visibilicen a loita contra a violencia de xénero. A andaina  promove a reflexión colectiva e o compromiso social. O domingo 24 ás 19:00 horas o Auditorio Municipal acollerá a obra ‘A Cincenta que non quería comer perdices’ da recoñecida compañía Sarabela Teatro. Trátase dunha proposta que rompe cos estereotipos tradicionais, cuestionando roles de xénero e abrindo un espazo de reflexión sobre as expectativas sociais impostas ás mulleres”, anuncia.

Por último, Begoña Sanjurjo invita “a toda a cidadanía a participar activamente nesta programación, deseñada para fomentar unha maior conciencia social, dotar de ferramentas prácticas a diferentes públicos e reforzar o compromiso colectivo na loita contra a violencia de xénero. Vémonos comezando xa na andaina”.