Ribadeo y Xunta de Galicia firman un convenio para rehabilitar las playas de Os Castros, As Illas y Esteiro
Concello de Ribadeo y Xunta de Galicia firmarán un convenio para la rehabilitación de los espacios de las playas de Os Castros, As Illas y Esteiro. Los arenales estarán listos para su uso y disfrute el próximo verano.
El alcalde, Dani Vega, anunció que “Concello e Xunta seguimos a colaborar e imos asinar un convenio para rehabilitar todo o espazo das praias dos Castros, As Illas e Esteiro. Todos sabemos que foron moitos anos sen ningún tipo de conservación e mantemento e isto tivo grandes consecuencias. Faltan moitas pedras nas beirarrúas, as varandas están totalmente destrozadas, os baños están nun estado ruinoso e non podemos presentar estes areais así para os visitantes e para os nosos veciños e
veciñas”.
El regidor dijo que “o que necesitamos é unha inversión. Este investimento que tiña que estar feito agora temos que xestionalo para conservar o que hai. Nosoutros, sempre o dicimos, o importante é conservar o que hai feito, non facer por facer, senón que ten que haber un orzamento destinado e concretado durante os anos para conservar o que xa temos. Estes espazos turísticos e naturais aos que moita xente acode na época estival ou durante todo o ano a pasear, a respirar, a gozar desa tranquilidade medio ambiental, debemos telos conservados”.
Para Vega “é unha boa noticia que hoxe a Xunta e o Concello firmen un convenio de colaboración. E tamén anunciar que a Xunta vai investir na praia das Catedrais en todo o acceso da entrada e no aparcadoiro existente. Aí haberá unha modernización e unha mellora de todo o espazo para ter ben conservado todo ese entorno”.
El alcalde ribadense señaló que “é un paso moi importante o que se anuncia hoxe. Tamén anunciabamos hai poucos días unha actuación no Cargadeiro, polo tanto imos ter todos estes espazos naturais preparados para o verán, que é moi importante”.
Valoración positiva de las actividades juveniles
La Concellería de Mocidade hace una valoración muy positiva de la acogida que tuvieron las actividades organizadas durante la Semana Santa. Francisco José Silvent declaró: “desde a Concellería de Mocidade facemos unha valoración moi positiva das actividades desenvolvidas a pasada Semana Santa, destinadas á infancia e á rapazada. Máis de 300 nenas, nenos, mozas e mozos se achegaron ao Ribadeo na Rúa, que tivemos que trasladar ao pavillón da rúa Alfredo Deaño e ao Ceip Gregorio Sanz por culpa do mal tempo que tivemos na zona eses días. Pero a pesares de todo as actividades leváronse adiante e todos puideron gozar. A cultura urbana foi a protagonista para a xente moza. E os máis pequenos disfrutaron de inchables, obradoiros, máquina de pompas, etc”.
El edil de Mocidade y Deportes señaló que “toda esta programación foi pensada para a infancia e para a mocidade e tamén para axudar a conciliar a vida laboral e familiar durante eses días. Ao igual que o campus de FutbolÍN Lugo, no que participaron 60
nenos e nenas durante toda unha xornada”. Añadió: “no equipo de goberno estamos moi satisfeitos coa acollida que tiveron
todas estas actividades desenvolvidas durante a Semana Santa en Ribadeo”.