Ribadeo unida por la igualdad, firme contra la violencia
'Ribadeo unida pola igualdade, forte contra a violencia' es el lema elegido por el Concello para la conmemoración del 25N. La programación de las actividades, que se desarrollarán del 11 al 26 de noviembre, fue presentada por la concelleira de Igualdade, Begoña Sanjurjo, y por el subdelegado en Galicia de la Asociación Española de Guardias Civiles, Germán Vale.
La edil ribadense dijo que “na antesala do 25 de novembro, o Concello álzase con determinación baixo o lema Ribadeo unida pola igualdade, forte contra a violencia. O lema convida a tod@s, a unirse neste esforzo conxunto por un futuro onde a igualdade prevaleza sobre a violencia”.
El subdelegado en Galicia da Asociación Española de Guardias Civiles, Germán Vale, indicó que “desde a Asociación Española de Gardas Civís de Galicia estamos moi sensibilizados coa violencia de xénero, xa que nos toca de preto no noso ámbito profesional. Nos programas de formación da asociación a xente civil queremos fomentar, como xa vimos facendo en distintos puntos da xeografía nacional, xornadas de defensa persoal para mulleres, sexan ou non vítimas de violencia de xénero, para que mulleres poidan responder a unha agresión física ou psicolóxica”. Vale Varela dijo además que “a violencia de xénero non é un problema que afecte ao ámbito privado. Ao contrario maniféstase coma un símbolo brutal da desigualdade existente na nosa sociedade”. El delegado da AEGC agradece “ao Concello de Ribadeo e ao CIM, e concretamente á concelleira de Igualdade, a súa predisposición desde a presentación da proposta para levar a cabo estas xornadas”.
Begoña Sanjurjo explicó que “para conmemoración do 25 de novembro levaranse a cabo varias iniciativas. A primeira delas comeza este sábado, día 11. Son as Xornadas de Defensa Persoal Feminina: Empodérate e Protéxeche, organizadas en colaboración coa Asociación Española de Gardas Civís, que terán lugar os días 11 e 18 de novembro. As sesións serán na Sala de Marciais do Pavillón Municipal polas mañás de 10:00 a 13:00 horas e polas tardes no auditorio municipal Hernán Naval”.
La concelleira de Igualdade continuó diciendo “o 11 de novembro ás 18:00 horas teremos unha Xornada Psicolóxica, Psicoloxía Protectora: Construíndo Resiliencia para a Autodefensa, na que intervirán como relatoras Lourdes Deán Fernández da OAV (Oficina de Atención ás Vítimas de Lugo) e Marta Rivas Rodríguez, psicóloga do IMELGA. Xa o vindeiro 18 de novembro teremos unha mesa redonda pola tarde no auditorio municipal titulada Defensa con Dereitos: Navegando ou Labirinto Xurídico para a Autoprotección, na que participará persoal do Xulgado de Violencia de Xénero; José Luis Raposo Cabo (Subtenente Diplomado en Policía Xudicial, Xefe EDOA Lugo); Gerardo Sevilla Brigada GC Diplomado Policía Xudicial, Comandante de Posto GC Ribadeo; e Xema López López GC (Equipo Viogen Compañía GC Burela). A mesa será moderará pola xornalista Carmen Cruzado”.
Sanjurjo contó que “o 24 de novembro proxectarase no auditorio municipal, dentro do programa o Concello cos Coles, a película Matria, que conta a historia de Ramona, unha muller galega que enfronta a violencia machista na súa comunidade. Haberá dúas proxeccións matutinas para os centros de ensino cun coloquio posterior co director e pola tarde ás 20:00 horas a película estará dispoñible para o público xeral. E o 26 de novembro Iria Piñeiro traeranos a súa obra Miss España, unha proposta artística que aborda os estereotipos de xénero e cuestiona os roles impostos ás mulleres na sociedade”. Y añadió que “estes últimos días diversas asociacións de Ribadeo, os centros de ensino e outras entidades están a elaborar un vídeo colaborativo para destacar a solidariedade na loita contra a violencia de xénero, que será publicado en redes proximamente”.