Ribadeo realiza trabajos de limpieza en sus parroquias
El regidor contó que «seguimos traballando e coidando as nosas parroquias. Estamos desbrozando todas e cada una delas. Hoxe podemos dicir que en moitas parroquias xa é a terceira limpeza que facemos, pero non chega con iso. É verdade que foi un ano certamente complexo, foi un ano no que medrou moitísimo a herba e foi moi complicado chegar tan rápido aos sitios como queríamos. Por iso, se temos que facelo, facémolo, pedimos desculpas porque non demos chegado tan rápido como queríamos a todas as parroquias». «Sendo coñecedores de que Ribadeo son 106 km2, que son moitos quilómetros de estrada para limpar, pero hai que corrixir, hai que mellorar e perfeccionar certas cousas», añadió Vega.
El alcalde manifestó que «agora temos tres tractores, dous do Concello e un da Xunta. E tamén agora cada tractorista ten a súa parroquia, é dicir a súa área perfectamente determinada para actuar. O que acontecía antes era que ao mellor se empezaba nunha parroquia e se cambiaba rapidamente, pois iso agora non vamos facelo. Vamos estar actuando nunha parroquia e salvo que haxa unha emerxencia que nos obrigue a modificar ou cambiar por algo, baixo ese parámetro da emerxencia nunca vai acontecer».
Dani Vega señaló que «vamos seguir con esa planificación de traballo, baixo a coordinación tamén coas asociacións de veciños, que eles saben perfectamente como está a parroquia, e se algo non queda ben ou hai que actuar de emerxencia, xa nos chaman e xa coordinamos todo o traballo».
O regidor insistió: «polo tanto, coordinación, planificación e baixo os parámetros da seguridade, que iso sempre repetimos que é fundamental, porque nas estradas convive o tráfico rodado coas persoas que practican deporte ou simplemente queren pasear polas estradas do rural, e debe haber un espazo de seguridade, que para nosoutros é importantísimo». «Seguimos traballando, seguimos coidando as nosas parroquias e o fundamental, a coordinación entre o Concello e os veciños e os parámetros de seguridade. Iso é o que debe facer e o que fai calquera Concello e en Ribadeo creo que nestes momentos podemos dicir que temos as parroquias máis coidadas e mellor planificado o traballo no día a día».