Ribadeo presenta su programación alrededor de la conmemoración del Día Internacional de la Mujer
El Área de Igualdade del Concello de Ribadeo organiza diversas actividades alrededor de la conmemoración del día internacional de la mujer.
La concelleira de Igualdade, Begoña Sanjurjo, indicó que “comezamos o 1 de marzo coa visita de Nary Ly, unha inspiradora sobrevivente dos campos da morte de Camboya. Nary, que é escritora, científica e olímpica compartirá, dentro do Programa O Concello cos coles, cos estudantes de 3º e 4º de Primaria a súa experiencia persoal e o seu novo libro infantil. O 7 de marzo poderemos asistir a unha charla sobre a menopausia, guiada polo xinecólogo Ezequiel Cardoso González, quen nos axudará a comprender mellor este proceso natural e as súas implicacións para a saúde e o benestar das mulleres. Será ás 20:00 horas no Centro Social Comunitario”.
La edil ribadense continuó relatando que “o 8 de marzo poderemos ir de excursión ao Balneario de Cuntis, un momento para o autocoidado, o descanso e a conexión entre mulleres. De todos os xeitos vaise realizar outra saída na primavera seguramente ao
Balneario de Guitiriz. Ese día o Concello adhírese e chama á participación, como todos os anos, na manifestación feminista do 8M organizada por varios colectivos, con saída do aparcadoiro xunto á rotonda do IES de Ribadeo ás oito da tarde. Pola noite, ao
remate da manifestación, deleitarémonos co Concerto das Fillas de Cassandra, ás 21:30 horas no Auditorio Municipal Hernán Naval. Trátase dun grupo musical que combina tradición, feminismo e mitoloxía grega nunha experiencia auditiva única. A entrada custará 5 euros e venderase de forma anticipada ese mesmo venres pola mañá de 10 a 15 horas na Casa de El Viejo Pancho e pola tarde no Auditorio desde as oito e media”.
Sanjurjo explicó que “o 9 de marzo ás 11:00 horas na Praza 8 de Marzo (en caso de choiva no Cine Teatro) lanzaremos o noso proxecto Move Ficha pola Igualdade, unha iniciativa a longo prazo para fomentar a igualdade de xénero de maneira constante
(aínda que xa se fai normalmente, trátase de darlle máis visibilidade a este concepto en todo momento e non só en datas simbólicas como o 8 de marzo e o 25 de novembro). Distribuiranse xogos que abordan temas de igualdade, participarán tamén os comercios e está dedicado a toda a poboación ribadense. Buscaremos referentes en Ribadeo que compartiremos a través das redes con vídeos, mostrando os seus logros e contribucións á sociedade. Este programa busca crear conciencia sobre a importancia da igualdade de xénero de maneira permanente. E o 12 de marzo, en colaboración cos colexios locais, celebraremos, dentro do programa O Concello os Coles, unha actividade de narración oral chamada Rapazas de conto, onde os máis novos poderán explorar contos que fomentan a igualdade e a diversidade de xénero”.
La concelleira de Igualdade señaló “ademais ao longo de este mes anunciaremos que o IV Plan de Igualdade de Ribadeo estará listo para a súa presentación, marcando un fito importante no noso compromiso continuo coa igualdade de xénero”. Añadió “desde o 6 de marzo a Escola de Música albergará unha exposición especial baseada no traballo de investigación dunha trombonista, Hanna Nauke. A través da súa propia experiencia, esta trombonista explorou por que é máis predominante a presenza de xénero feminino en instrumentos de corda ou vento-madeira que en vento-metal. A exposición desafiará os roles e estereotipos de xénero”.
Begoña Sanjurjo anima a participar en esta programación: “estendemos unha cálida invitación a toda a poboación de Ribadeo a unirse a estes eventos significativos. A participación activa é fundamental para o éxito destas iniciativas na promoción da igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres. Esperámosvos a todas en todas estas actividades. Moitas grazas pola vosa asistencia”.