Ribadeo presenta su agenda cultural para el primer trimestre de 2024
Teatro afeccionado, actividades para niños y niñas, música o charlas conforman la agenda cultural de Ribadeo para el primer trimestre de 2024, que fue presentada por la concelleira Begoña Sanjurjo.
La edil de Cultura contó que “comezamos a presentación desta programación trimestral, que xa tivo como saben neste mes varios eventos vinculados á época de Nadal, inmersas nunha proposta da Área de Igualdade que ten tamén un cariz cultural. Hoxe mesmo, na Casa do Viejo Pancho, o público xeral terá ocasión de ver o documental Chicas nuevas 24 horas, un traballo audiovisual de Mabel Lozano, que analiza o tema da trata de mulleres. E este domingo comezamos a programación de teatro afeccionado cunha obra que estaba prevista para a Mostra de Teatro Daniel Cortezón e que daquela tivo que adiarse. Sempre é un pracer para o público ribadense recibir ao grupo de Barreiros Ollomao, que nesta ocasión contan con veciñas nosas no elenco representando O traballo de Andrea”.
Sanjurjo continuó diciendo que “o teatro amador vai estar presente en todo o semestre co grupo A Adala, que representará Marina Club polas parroquias. En concreto nestes tres meses acudirán a Vilela, Couxela, Ove, Vilaselán e Arante. En canto ao teatro profesional, Sarabela Teatro ofrecerá dúas funcións do éxito de Sechu Sende Made in Galiza. Unha será para público xeral e a outra para os centros de ensino dentro do noso ciclo de actividades para escolares O Concello cos coles. O coñecido actor de teatro, cine e televisión Avelino González, ofreceranos unha sesión de Contos de contrabando”.
Las niñas y los niños también gozarán de actividades estos meses: “e no apartado de produción teatral profesional temos tamén as propostas para público infantil, para acudir con toda a familia. Comezamos en xaneiro con Dun can de palleiro, da compañía lucense Lilá Teatro. En febreiro Elefante elegante representa Cubo e en marzo visítanos Os Monicrekes de Kukas con Viva Vivaldi!. O Día de Rosalía celebrarémolo con varios scape rooms na Biblioteca Municipal Viejo Pancho. Neste trimestre temos por suposto o Antroido, cuxa programación será obxecto dunha presentación propia”.
La concelleira de Culturamanifestó “poderemos acudir tamén a diferentes charlas e presentacións. É o caso da do libro Universo Aurora Sampedro Piñeiro, de Manuel Rivero Pérez que será unha homenaxe á ciencia en feminino; Pasado, presente e futuro do forte de San Damián no 400 aniversario da súa construción, da man de Alberto Paraje; e Los guardianes del mar. Homenaje a los torreros de los faros, con Enrique Pérez-Campoamor. Canto á música, temos coma sempre as propostas das dinámicas entidades culturais do concello enriquecendo a oferta. É o caso da que organiza este domingo ás 18.00 horas na escola vella de Rinlo A Tribo da Travesía arredor da música de tango, da man de Damián Foretic, e a Coral Polifónica de Ribadeo interpretando o seu concerto sacro a continuación do pregón da Semana Santa”.
Sanjurjo señaló que “finalizamos coa proposta estrela destes meses. Para celebrar o Día Internacional da Muller, actuarán en Ribadeo Fillas de Cassandra. María Soa (voz, percusión e piano) e Sara Faro (voz e percusión) conforman este dúo, un dos proxectos máis interesantes do panorama musical galego e estatal. E este vai ser o corpo central da nosa oferta cultural para o trimestre á que probablemente se irán sumando outras iniciativas das que iremos dando conta puntual”.
La edil recordó que “quen queira recibir semanalmente no seu enderezo electrónico as novas dos eventos culturais pode solicitalo dirixíndose á Area de Cultura do Concello de Ribadeo”.