Dani Vega: «Ribadeo está de moda tamén no Nadal»

Fotografía: Actuación del grupo infantil Pica Pica.

El alcalde, Dani Vega, hace una valoración positiva de la acogida que están teniendo la pista de hielo y RibaXogo y del éxito logrado por el Festival de Jazz&Blues.

El regidor destacó que «Ribadeo está de moda tamén no Nadal. Rúas cheas de xente foi o que se puido ver durante esta pasada ponte. Estamos sendo visitados este Nadal dende todos os puntos do mapa español. Énchenos de ledicia, pero tamén de responsabilidade: debemos organizar todas as actividades coa máxima esixencia. Somos un pobo referente, altamente turístico, e debemos presentar as actividades ben programadas e de nivel».


Vega dijo que «organizamos todo o que se puido, é difícil observar un concello cunha programación de Nadal tan abundante, de tanto nivel. E iso non o dicimos nós senón que o están comentando por todos os sitios. Creo que se organizou coa máxima responsabilidade, e iso é grazas a Acisa, grazas aos técnicos do Concello e grazas á colaboración de todos os veciños de Ribadeo, que estamos traballando conxuntamente, entre todos, como sempre dicimos».

El alcalde indicó que «este Nadal viviu esa primeira parte do 1 ao 10 deste mes. E agora empezamos a segunda parte, dende o día 16 ata a Cabalgata de Reis. O 16 imos ter o festival da Escola Municipal de Música no auditorio Hernán Naval. O día 17 de catro e media a sete e media da tarde vai haber xogos infantís no pavillón que está situado na rúa Alfredo Deaño. O coro Sagrado Corazón estará cos nosos maiores e visitará o 18 o centro de día e o 21 a nosa residencia. O 23 vai haber por primeira vez un musical en Nadal, La gran aventura de los Reyes Magos, no auditorio Hernán Naval ás cinco da tarde; e ás 20:45 horas o xa tradicional festival de panxoliñas na igrexa parroquial de Ribadeo». 

Dani Vega siguió relantando que «os días 26 e 27 temos o Cine de Nadal en Cinelandia e o 29 ás 12:00 horas hai a Marcha Interxeracional San Silvestre Máis metros, máis posiblidades, eses metros interxeracionais pola accesibilidade e a inclusión; creo que é unha actividade chea de responsabilidade, cunha entrega absoluta e tamén para renderlle homenaxe a todos os nosos maiores. E despois, ás 20:00 horas, empeza a festa pre fin de ano e noite de versións na carpa situada no Cantón dos Moreno. Ás 20:30 hai o concerto Aquí como en Viena no auditorio Hernán Naval e a noite pre fin de ano seguirá e ás doce convido a todo o mundo a participar tomando as uvas conxuntamente, que eu creo que é algo importante, que nos propuxo a asociación Catro Canos, que organizan tan ben as actividades, unha delas o Vendaval Fest, que é un referente sen lugar a dúbidas xa do mapa de festivais que temos na comarca, na provincia e en Galicia, polo que hai que felicitalos e sentímonos moi orgullosos de ter persoas coma vosoutros».


El regidor contó que «temos tamén o día 31 a carreira San Silvestre; o 3 de xaneiro, as actividades do programa Preto de ti, coa visita do Paxe Real en Cedofeita. Ademais hai o concerto de Reis, con Son de Seu e a Coral Polifónica de Ribadeo na igrexa parroquial o día 4. O 5 terá lugar a gran Cabalgata dos Reis e o día 13 o concerto de Reis con Emilio Rúa acompañado do coro Sagrado Corazón, tamén na igrexa parroquial. Ademais seguimos co Ribaxogo, coa pista de xeo e con todas estas actividades culturais e musicais».


Para Daniel Vega «estamos sendo un referente no Nadal, estamos traballando para facer estas actividades coa máxima responsabilidade e pensando en todos: nos maiores, nas persoas que queren participar deses eventos culturais como o festival de jazz e blues, que foi un gran éxito e agradecémoslle aos organizadores todo ese traballo conxuntamente co Concello e a Xunta de Galicia; e pensando tamén nos máis pequerrechos e nas familias, porque a pista de xeo e Ribaxogo tamén se están convertendo nun referente dende Oviedo ata practicamente Coruña porque non hai pista de xeo nin na capital da provincia».

Y añadió: «creo que Ribadeo está facendo as cousas con moito sentido, como moita responsabilidade e realizando unha programación para todos os públicos».