Ribadeo modificará el PXOM para la construcción del nuevo centro de salud

Otros de los asuntos que se abordarán en el pleno de hoy serán la modificación de las tasas de la Escola Municipal de Música y la creación de aparcamientos exprés al lado de las farmacias de la localidad.

En el pleno ordinario de la corporación municipal ribadense que se va celebrar hoy, martes, se someterá a aprobación una modificación del PXOM para la construcción del nuevo centro de salud. Otros de los asuntos que se abordarán serán la modificación de las tasas de la Escola Municipal de Música y la creación de aparcamientos exprés al lado de las farmacias de la localidad.


El alcalde, Dani Vega, explicó: «esta tarde noite vamos celebrar un pleno municipal, no que abordaremos varias cuestións. A primeira delas vai ser a modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal para cambiar a tipificación do solo; hai que facer esa
modificación provisional, enviar a documentación á Xunta, que nos responderá, haberá uns días de exposición pública e despois a aprobación definitiva para poder construír o centro de saúde que queremos todos. Dende logo non soamente é ter unha construción senón que hai que dotalo de medios sanitarios, moi importantes e fundamentais».

Pediatría


A este respecto el regidor municipal manifestó que «nestes días que estamos a falar da pediatría evidentemente o goberno municipal manifesta que non está entendendo para nada a situación, estamos moi enfadados e por iso consideramos que a Consellería de Sanidade ten que dar unha resposta moi concreta, que é cubrir a praza de pediatría. Xa sabemos que é moi difícil e complexo, pero nada é imposible e hai que conseguir as cousas e loitar por elas. E dende logo nosoutros dende o goberno non vamos estar calados: o servizo de pediatría de Ribadeo hai que cubrilo. Non pode ser que Ribadeo estea a expensas dunhas baixas e de vacacións e se reduzan eses días de servizo de pediatría. Polo tanto se temos unha pediatra temos que ter o servizo todos os días. E isto é o que dicíamos hai días. Polo tanto a reivindicación segue e non vou parar ata que teñamos o servizo de pediatría todos os días. Iso é importante».


Vega destacó que «o centro de saúde é algo fundamental. É bo ter un novo centro de saúde para contar con todos os servizos sanitarios nun PAC e polo tanto vai haber servizo do centro de saúde, o PAC, urxencias o 061 e unha zona de aparcadoiro. E tamén é importante pensar que os centros de saúde hai que telos próximos ás vías de comunicación, para comunicar rapidamente coa autovía e así chegar ao Hospital da Mariña. Polo tanto esta modificación é importantísima para a construción e nestes escasos meses de goberno o que fixemos foi dar pasos axigantados no tema burocrático para poder construír e redactar previamente o proxecto canto antes».


El alcalde también anunció que se van a modificar las tasas de la Escola Municipal de Música: «imos regulalas e unhas van baixar e outras vanse igualar, que é o que se nos pedía por parte da Escola de Música, dar unha resposta rápida antes das inscricións e das solicitudes para o novo curso».


Por otra parte, Vega subrayó que «vamos facer unha cousa certamente novedosa, que en moi poucos concellos de Galicia hai, que é dotar de aparcadoiros exprés diante das farmacias para poder aparcar, recoller o medicamento e seguir. Polo tanto, é outro adianto e outra medida importante».


Además, el regidor municipal contó que en esta sesión se tratará «a aprobación plenaria por parte de todos os grupos da bandeira azul e do escudo. Ribadeo necesitaba unha bandeira, pero a raíz de solicitala a Xunta de Galicia comunicounos que Ribadeo non tiña un escudo aprobado oficialmente. Polo tanto debemos non soamente aprobar a bandeira senón tamén o escudo».


Para finalizar, Dani Vega comentó que «son propostas importantes, dende un punto de vista sanitario, tamén de actividade económica e educativa e ademais apoiar ás farmacias. Polo tanto vamos dando pasiños, pouco a pouco, pero nun traballo con
iniciativa, con propostas e así mellorando Ribadeo».