Ribadeo anuncia la mejora del centro de día A Concordia y la organización de actividades para sus mayores
Ribadeo invertirá el próximo año 50.000 euros en la mejora del centro de día A Concordia, según señaló el alcalde, Daniel Vega. En este 2023 se procedió al cambio de siete puertas en ese edificio.
El regidor declaró “cando chegamos ao goberno vímonos na obriga de actuar para mellorar o edificio, tamén escoitamos á dirección e aos técnicos que nos trasladaron que había unha falta de inversión e que había que solucionalo”.
Vega explicó que “no 2023 investimos 16.700 euros, cambiáronse xa as portas concretamente sete. E iso foi con cargo ao primeiro dos convenios coa Xunta de Galicia. O segundo convenio será no 2024 con 50.000 euros para seguir mellorando o edificio”.
El alcalde aseguró que “tamén queremos colaborar co propio centro nas actividades a desenvolver durante todo o ano e iso tamén é algo fundamental e algo importante. Entre o Concello, a dirección do centro e a Xunta de Galicia estamos a traballar e a avanzar en dúas liñas: actividades para os nosos maiores e tamén na mellora do edificio do centro de día A Concordia”.
Para Dani Vega “este traballo e esta colaboración é a que trae inversión para Ribadeo, unha colaboración con todas as administracións: Deputación, Xunta e Goberno do Estado, algo fundamental como é a coordinación, a planificación e a inversión”.
Prometen no subir el recibo de agua y basura
Ribadeo no subirá recibo del auga y de basura. Así lo asegura Marta Saiz desde el equipo de goberno, y anuncia que “nas vindeiras semanas analizaremos as ordenanzas municipais e onde sexa posible baixar o prezo da taxa baixarase”.
La edil manifestó “a pesar do que digan, desde o goberno municipal traballamos para baixar taxas e impostos que dependan directamente do Concello, ao mesmo tempo que traballamos por uns servizos públicos de calidade”. “Algún grupo municipal na súa teima de confundir e enredar á veciñanza empéñase en manter o mesmo discurso, por certo xa bastante aburrido, da privatización e da subida de impostos. De verdade que nos sorprende; como dirían eles, estamos abraiados con este tipo de declaracións cando eles saben moi ben que se hai algún pequeno incremento no recibo corresponde ao IPC e ao contedor marrón, e este último soamente aos grandes xeradores. Ademais foron eles quen os solicitou, non entendemos agora tanta demagoxia con este tema. Aínda non é seguro, pero é posible que Sogama nos aumente a taxa. Ningún deles depende directamente do Concello”.
La concelleira continuaba diciendo “Este goberno non está privatizando ningún servizo, o que está facendo é licitando e reforzando en tempadas de aumento da poboación servizos que xa privatizou o anterior goberno. E tampouco vai subir impostos que dependan directamente do Concello. Todo o contrario: nas vindeiras semanas analizaremos as ordenanzas municipais, por certo, a maioría obsoletas e carentes de sentido nos días de hoxe. E onde sexa posible baixar o prezo da taxa baixarase, é necesario para os distintos sectores económicos da nosa vila. Nós ao noso, como viñemos facendo ata o de agora: traballando arreo dende a humildade, pero pensando nun Ribadeo a longo prazo, próspero e cheo de oportunidades. Estamos seguros que entre todos construiremos un Ribadeo mellor”.