«¿A quén pretenden enganar?», artigo de opinión do Grupo Municipal Popular de Ribadeo
Definitivamente o Bng nin entende nin comprende. O seu ego foi e é tan desmesurado que deben pensar que aínda están no goberno. Esa ansia durante anos de “todopoderosos” non os leva máis que a un ridículo tan grande que nin eles mesmos se percatan. Pretenden enganar e seguen xogando a confundir e manipular. Agora resulta que este goberno é do peor!! Somos malísimos!!Tan malos que lles ocultamos información!!
Segue pensando o ladrón que todos somos da súa condición…
Mentres eles gobernaron SÍ ocultaron información. Anos e anos de descalificacións e insultos. Sempre pensaron que estaban no poder absoluto da verdade, e claro, agora pensan que nós facemos o mesmo.
Están obcecados coa residencia hospital-asilo, unha obra que non souperon xestionar nin proxectar. Unha obra, que dito sexa de paso, pouco lles importa, xa o demostraron no seu momento, pero quizáis viron como posible “galiña dos ovos de ouro” como en tempo pretérito.
Poden ir esquencéndose de xoguiños que nós non estamos a iso e xa o deberían de saber. Nada temos que esconder e por iso xa teñen toda a información. Sempre a tiveron. Moita máis da que o Bng lles facilitou ós
técnicos municipais no seu momento. O Bng dispón de toda a información, e ademais dous técnicos municipais responsables aclararon as dudas que lles puideron xurdir. Entendemos que isto lles colleu de sorpresa porque é a primeira vez en vinte anos que se lle da explicacións á oposición!! Pode ser que os pillara tan desprevenidos que non deron asimilado a información que se lles facilitou. Non os podemos culpar diso, nós aínda estamos esperando información solicitada na anterior lexislatura.
E en canto a liquidación do presuposto, entregarase cando se liquide, como ben di a palabra. E COMO SEMPRE SE FIXO. Mentres tanto cada dous meses, en Pleno ordinario, no apartado de “Dación de contas” entregaranse todas as facturas que correspondan. Repetimos: COMO SEMPRE SE FIXO! Por certo…xa que lles interesa tanto, de facturas xa falaremos.
Por outro lado, non entendemos a “pataleta” porque no concello hai unha Ordenanza APROBADA POLO BNG que regula a xestión da información. Cando a aprobaron interesáballes, pero olvidáronse que a terra é redonda e o que vai de cara volve de cu. Aparte da Lei de Protección de Datos, que polo que se ve, exceptuando ó Bng, todos coñecemos.
Ai..Ai… non é de extrañar que moitos militantes do Bng estean abraiados coas actitudes dos seus responsables en Ribadeo.
Pero ¿a quén pretenden enganar? Si na época do Bng había tan pouca transparencia que nin traspaso de poderes houbo!! Pero si por non coller, non colleron nin o teléfono!!
En fin, nós ó noso, traballando arreo e defendendo os intereses de Ribadeo e dos nosos veciños.