El presidente de Apaga, Álvaro Doural, hace un balance positivo de la 'I Feira do Automóbil' celebrada en Ribadeo
Doural declaró que el evento funcionó «ben, moi ben. Creo que foi todo un éxito. Unha das cousas fundamentais é que o tempo axudou aínda que as previsións eran bastante complicadas polo menos para o primeiro día. En relación á participación, non é
que houbera un "mogollón" de xente, pero houbo sempre persoas alí que viñan porque estaban interesadas á hora de mirar para comprar algún vehículo… Todas as empresas participantes venderon coches e fixeron contactos. Nese caso os participantes estaban moi contentos».
El presidente de Apaga anunció que ya están pensando en la segunda edición: «a principios do ano que vén faremos unha reunión para planificar a segunda feira. Non sei se vai ser nestas datas exactamente ou se buscarán outras novas. Ao mellor se cambia algo o formato porque este fíxose con bastante présa e non co tempo que necesitan estas cousas».
Para Álvaro Doural lo importante fue la participación de seis empresas de la zona y la acogida que tuvo la 'I Feira do Automóbil' celebrada en Ribadeo: «sorprendeu bastante a acollida e quizais o de sacar un evento deste tipo do centro da vila fai que o persoal que vai sexa moito máis selectivo e moito máis centrado no que verdadeiramente é unha actividade destas, que era o que realmente se perseguía. Había certa preocupación por parte das empresas, que movera moita xente e non estivera controlada. Pero non, desenvolveuse todo con orde».
Doural considera que «hai ganas de volver vivir a experiencia. Haberá que analizar tamén todas as cousas e ao mellor se poden incorporar algunhas novas. O sitio é perfecto e ofrece unas condición de visibilidade e de acollida perfectas».