Cuenta atrás para la celebración del IX Ribadeo Indiano, que mañana también será presentado en Santiago de Compostela
La historiadora de la Universidade de Santiago de Compostela Pilar Cagiao, experta en la emigración, será la pregonera de esta edición.
La concejala de Turismo, Marta Saiz, explicó que «a novena edición do Ribadeo Indiano vai ser presentada este venres, 31 de maio, en Santiago de Compostela, coa asistencia do conselleiro de Cultura, José López Campos, e do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, así como unha delegación do equipo de goberno municipal e de Acisa. E o 7 de xuño daremos a coñecer este evento no Ayuntamiento de Oviedo».
La edil señaló que «as actividades previas ao Ribadeo Indiano arrincarán xa o vindeiro 15 de xuño. Están programadas diferentes visitas guiadas, obradoiros de repostería para o sector hostaleiro e para as familias así como diversas obras teatrais. De todo isto iremos dando conta na páxina web oficial do Ribadeo Indiano». Saiz dijo que «desde a organización ao longo dos vindeiros días poñerémonos en contacto co sector hostaleiro para coñecer a oferta gastronómica que teñen previsto ofrecer durante o Ribadeo Indiano».
La concejala de Turismo e Comercio manifestó: «e xa podemos adiantar tamén que na sede electrónica do Concello están colgadas as bases para participar no Mercado de Ultramar, que se desenvolverá na rúa San Roque o sábado 13 de xullo. O prazo de inscrición está aberto ata o día 12 de xuño».
La responsable de Cultura, Begoña Sanjurjo, contó que «esta edición do Ribadeo Indiano leva como título "Alma de dous mundos" e será a historiadora da USC, experta na emigración, Pilar Cagiao, a que pregoe este evento cultural e comece a meternos en ambiente. No pregón actuará o coro Sagrado Corazón interpretando músicas destes dous mundos dos que falamos. Seguindo a liña debuxada pola profesora Cagiao, estarán as conferencias desta edición dedicadas á gastronomía e as cartas de ida e volta entre outros temas».
La edil ribadense contó que «o sector servizos do noso concello é moi bo, pero imos tentar axudarlles un pouco ás persoas que non atopen onde comer nesa finde. Unha das novidades desta edición será un servizo de catering que servirá menús indianos. Estará situado no Centro Sociocomunitario, a carón do Concello» y añadió que «a música será parte importante do Indiano, coma sempre, con concertos todos os días. O máis esperado é o do domingo que chega de Alén Mar, na voz do dominicano Vicente García, gañador de 3 Latin Grammy no 2017, 2 no 2019 e outro no 2023. Vémonos nas rúas gozando do Ribadeo Indiano».
La presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, comentó que «milleiros de persoas vanse achegar do 12 ao 14 de xullo para gozar do noveno Ribadeo Indiano. A ocupación hoteleira é xa moi alta nestes momentos ao igual que as reservas para xantar e cear eses días na nosa vila. As persoas que aínda non teñan sitio para durmir ou para comer esas xornadas en Ribadeo, que non se demoren… O Ribadeo Indiano enche todos os aloxamentos deste concello, pero tamén os dos municipios próximos tanto da Mariña como do Occidente asturiano». Y subrayó que «estamos diante da fin de semana mais importante do ano para a hostalaría e de días moi intensos para as costureiras, para as tendas de roupa e de calzado, para as mercerías, para as tintorerías… Falta mes e medio, pero aquí xa hule a Ribadeo Indiano. Comeza a conta atrás».
En el acto de presentación del IX Ribadeo Indiano participaron el alcalde, Dani Vega; las concejalas de Turismo y Cultura, Marta Saiz y Begoña Sanjurjo; así como la presidenta y el gerente de Acisa, Carmen Cruzado y Jesús Pérez. Toda la programación de las jornadas previas así como el programa del IX Ribadeo Indiano se irá colgando en la página web oficial del evento y en sus redes sociales.