Presentado el Antroido de Ribadeo, que pretende recuperar su esencia tradicional

Fotografía antigua de unas "mascaritas" ribadenses.

El objetivo de la organización «é enxalzar o Antroido tradicional, a súa esencia, baseada en tres figuras características desta celebración en Ribadeo: a Mascarita (ese personaxe espontáneo, satírico e humorístico tan propio do noso acervo cultural e tan esquecido ao mesmo tempo,)  os días do Cocho e da Queima. Queremos centrarnos nestes elementos diferenciadores e relevantes da tradición carnavaleira ribadense», subrayó la concejala de Turismo y Comercio, Marta Saiz


La edil contó que «a programación arrincará o día 3 de febreiro coa celebración da Gala do Antroido, que estará dedicada á música e na que participarán moitas asociacións e colectivos de Ribadeo. O día 4 terá lugar unha homenaxe a Alfonso Rodil e a todas aquelas persoas que formaron parte de diferentes comisións organizadoras e que xa non están entre nós. Tamén será homenaxeado Secundino Balsa, unha persoa que representou o espírito e a esencia do Antroido ribadense».


Saiz dijo que «outra das citas que se reforzará neste 2024 é a festa do freixó, que se desenvolverá os días 3, 4, 10 e 11 de febreiro en diferentes localizacións da vila. O día 10 pola noite haberá un sorteo de agasallos entre todas as persoas que salgan disfrazadas á rúa. O 11 será o día do Cocho e da Mascarita. No Cantón tamén está previsto un sorteo entre as mascaritas que acudan ao encontro. Esa xornada celebrarase o baile infantil de disfraces no Rosalar».


La concejala de Comercio y Turismo manifestó que «neste 2024 recupérase a cea do Antroido, que terá como protagonista o tradicional cocido e que convocará a toda a veciñanza nunha carpa instalada no Campo de San Francisco. Isto será o luns día 12. O martes terá lugar polas rúas de Ribadeo o desfile a partir das 17:30 horas. Nesta edición, para fomentar a participación, increméntase o número de premios así como as contías en varias modalidades (comparsas, carrozas...) grazas á achega de establecementos comerciais da vila. O Antroido 2024 rematará o 17 de febreiro coa Queima a carón da estación de autobuses de Ribadeo».


Saiz añadió que «queremos que o Antroido de Ribadeo vaia a máis cada ano. Agradecemos a participación e a colaboración das distintas asociacións e colectivos que se sumaron para poder elaborar este amplo programa, que ampliaremos en datas próximas».


La presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, destacó que «esta ampliación do programa do Antroido de Ribadeo, que se prolongará durante tres fins de semana creará moito ambiente na nosa vila e iso repercutirá de xeito positivo na nosa hostalería. Estamos en tempo de cocidos e freixós, de compartir risas, tradicións e gastronomía. Toca preparar os disfraces, as mascaritas… e encher de color e diversión as rúas de Ribadeo. No comercio local poderemos atopar todo o que precisamos para lucir como se merece neste Antroido de 2024. Animamos á hostalería a elaborar propostas gastronómicas típicas destas datas para así trasladar ese ambiente de festa aos seus locais e que todas e todos as poidamos saborear».

Y añadió: «agradecemos ao Concello de Ribadeo o traballo realizado e que conte coa colaboración, un ano máis, de Acisa nesta tradicional cita».