Obradoiros tecnolóxicos para a mocidade en Ribadeo
O 23 de agosto os obradoiros estarán destinados a nenas e nenos de 8 a 11 anos. E o 24 de agosto para rapazas e rapaces de 12 a 15 anos. O horario será de 10 a 13 horas. As prazas son limitadas e poden reservarse online en cemit.ribadeo.gal ou en https://tinyurl.com/2adbref6.
Desde a concellería de Mocidade explican que «se trata de impulsar actividades de mentorado desde idades temperás dirixidas á rapazada, especialmente ás nenas, para rachar estereotipos e espertar o seu interese e confianza nas súas capacidades para cursar estudos STEAM (acrónimo de ciencia, tecnoloxía, enxeñaría, artes e matemáticas) a través de obradoiros lúdicos, onde aprender e experimentar coa tecnoloxía, coa finalidade principal de fomentar o talento e espertar vocacións tecnocientíficas».
Desde Mocidade indican que «o grupo de 8-11 anos participará nun obradoiro de stop motion con luces led. E o grupo de 12-15 anos realizará unha actividade de introdución aos tecidos intelixentes. Durante os obradoiros traballarán de xeito transversal cuestións como a igualdade, o sentido crítico ante a tecnoloxía e o seu uso creativo, máis alá do mero uso e consumo, a importancia da colaboración e o traballo en equipo, así como a relevancia das artes como ferramenta de desenvolvemento».