'Á miña nai mímoa eu', la nueva campaña de Acisa para celebrar el Día de la Madre

La Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo celebrará el Día de la Madre sorteando una experiencia para dos personas denominada 'Entre burbujas' y una joya exclusiva de Galería Terra Branca. La campaña se denomina 'Á miña nai mímoa eu'


La presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, contó que «a campaña desenvolverase entre hoxe, 25 de abril, e o 5 de maio. Aquelas persoas que fagan as súas compras nos comercios asociados a Acisa recibirán papeletas para participar no sorteo dos dous premios que poñemos en xogo: unha experiencia para dúas persoas denominada 'Entre burbujas' a escoller entre 300 estancias e unha xoia exclusiva de Galería Terra Branca. Trátase dun colgante exclusivo de prata de lei con madreperla».


El gerente de la asociación, Jesús Pérez, indicó que «son 8.000 as rifas que poñemos en circulación nesta nova edición da campaña do día do nai de Acisa Ribadeo. O sorteo non presencial celebrarase o 6 de maio a porta pechada nas nosas oficinas mediante un programa de xeración de números aleatorios, e posteriormente daranse a coñecer os gañadores nas redes sociais e medios de comunicación. As bases do sorteo poden consultarse na web e nas redes de Acisa».


Cruzado Iglesias explicó que «o próximo 5 de maio celebramos o día da nai, unha data moi importante, unha data para ter un detalle coas nosas nais, unha data por tanto para ter un agasallo especial con quen máis nos quere e nos coida e para saír celebralo na hostalería local. Ese día, o 5 de maio, Acisa repartirá flores polas rúas para ter un detalle coas mamás coas que nos atopemos, ao igual que xa fixemos noutras ocasións».


Presidenta y gerente de Acisa animan «a mercar no comercio local, ese que temos a carón das nosas casas, no que traballan as persoas que coñecemos e onde recibiremos consellos e atención personalizada para elixir o que máis nos interesa para sorprender ás homenaxeadas nesta data».

Día internacional de los cascos históricos

Según explica Pérez, «Acisa, como membro da Confederación Española de Asociaciones de Comerciantes de Cascos Históricos de España (COCAHI) celebrará tamén o domingo 5 de maio o Día de los Cascos y Zonas Históricas de España - La Madre de Todas Las Ciudades. Desde a COCAHI traballan co Goberno para conseguir que a ONU declare o Día Internacional de los Cascos Históricos, co obxectivo de resaltar a labor que levan a cabo nestas cidades e vilas os seus empresarios e empresarias, que as manteñen vivas e dinámicas. Desde Acisa non podemos mais que apoiar esta petición, e no noso caso unimos ao día da nai esta reivindicación co fin de darlle visibilidade a ambas celebracións».