Maureen Choi Quartet y el monologuista Sergio Pazos animarán la agenda cultural en Ribadeo

Fotografía: Página de Facebook de Maureen Choi

Maureen Choi Quartet actúa mañana, sábado, en el auditorio municipal de Ribadeo, lugar por donde pasará también este domingo el actor Sergio Pazos. 

La concejala de Cultura, Begoña Sanjurjo, dijo que «en Ribadeo temos unha fin de semana chea de actividades. Gozaremos de boa música o sábado e dun coñecido monologuista o domingo».


La edil ribadense explicó que «mañá, sábado, actuará en Ribadeo Maureen Choi Quartet. Maureen Choi é moito máis ca jazz e música latina, o seu espectáculo en directo é unha apaixonante viaxe co violín como voz principal e co jazz, a improvisación e a delicadeza da música clásica como vehículo de expresión. Os seus compañeiros de cuarteto nesta aventura musical son: Daniel García, pianista de jazz e director musical do exitoso "Hoy no me puedo levantar"; Mario Carrillo, contrabaixista e arranxista formado en Estados Unidos, e Michael Olivera, batería cubano, un habitual da escena jazzística de Madrid. O concerto será este sábado ás 20:30 horas no auditorio municipal Hernán Naval. O prezo da entrada é de 10 euros a xeral, e de 5 euros a reducida para persoas desempregadas, estudantes ou xubiladas».


Begoña Sanjurjo contó que «o domingo, visítanos un actor moi coñecido a nivel galego e estatal. Sergio Pazos segue sendo un grande triunfador en series televisivas mais non renuncia ao teatro e ao contacto directo co público. Neste caso, como monologuista,
presenta o seu "Depende!" en Ribadeo. Será tamén no auditorio ás 20:30 horas. O prezo da entrada é de 10 euros».


Y añadió que «deste xeito arrinca a axenda cultural do Concello de Ribadeo para o segundo trimestre do ano, que iremos dando a coñecer estes días».