Letras no Campo, la feria del libro ribadense, celebrará su décima edición del 24 al 26 de mayo

El poeta, creador y divulgador Quique Roxíos será el pregonero de esta edición, por la que también pasarán autores como Antón Riveiro Coello o Ledicia Costas. 

La edil de Cultura, Begoña Sanjurjo, dijo que «estamos ante a décima edición da nosa feira do libro: as Letras no Campo, que vai ter lugar do 24 ao 26 de maio. Seis librarías e editoriais ocuparán as casetas situadas no Campo de San Francisco. O horario de apertura será de 11.00 a 13.30 horas e de 17.00 a 20.30 horas. Contamos desta volta con dous establecementos veciños, Pícaros Mundi e Gráficas Santiago; unha libraría de vello, a lucense Valín Libros; coa compostelá Libraría Pedreira, a editorial Canela e, como vén sendo habitual, o Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo».


Sanjurjo subrayó que «para pregoar as Letras no Campo eliximos a un creador, poeta tamén, que se distingue polo seu compromiso coa fala galega do Eo-Navia. Trátase de Quique Roxíos, nado en Boal en 1964, licenciado en Dereito e que ten o seu destino laboral actualmente en Donosti. Colaborador en diferentes publicacións en papel e dixitais, divulgador e gañador do I Concurso de poesía Miguel G. Teijeiro e do XVII Certame de Poesía Andoriña Voandeira, convocado pola Irmandade de Centros Galegos en Euskadi, coa obra "Personaxe desconocido"».


La concejala contó que «na mañá do venres 24 ás 11.00 temos unha actividade para todos os públicos coa colaboración sempre xenerosa do equipo e das persoas usuarias do centro de día A Concordia de Ribadeo. É unha proposta interxeracional arredor do libro "Por catro esquiniñas de nada", de Jêrome Ruillier, que fala da diversidade. Unha hora máis tarde as persoas adultas e os pícaros e as pícaras interesadas poden baixar ao auditorio. Alí, o proxecto A Trabe D’Ouro ofrece un concerto didáctico-musical centrado na música e nos cantares dos Maios, nomeadamente nos de Ribadeo. Participan os cursos de 5º e 6º de primaria dos colexios Gregorio Sanz e Sagrado Corazón. A Trabe D’Ouro ofrecerá un concerto na contorna das casetas da feira ese mesmo venres logo da lectura do pregón e a modo de remate da xornada. O venres tamén, pola tarde, temos a primeira das colaboracións ribadenses: o profesor Antonio Gregorio presenta da man de Antonio Andina e de Eoditorial o seu libro "A temperie ribadense no século XXI (até 2023)"». 


Sanjurjo siguió relantando que «o redactor xefe do diario La Tribuna de Cuenca, José Luís Enriquez León, con Ediciones Camelot e da man do noso cronista oficial Eduardo Gutiérrez amósanos o mundo dun thriller rural na nosa costa mariñá. Titúlase "Cuando sopla el nordeste". Especialmente próximo a nós é a obra saída do Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo e que percorre a traxectoria vital da primeira licenciada en Farmacia galega e que rexentou a farmacia La Moderna en Ribadeo, Manuela Barreiro Pico. O ourensán Paco Paz tráenos "Os do mar", unha novela que se desenvolve no porto de Rinlo na que un xornalista investiga a morte dun mariñeiro».


Begoña Sanjurjo dijo que «temos a maiores dentro desta oferta cultural, dúas citas que se desmarcan un pouco do que son as presentacións de libros. A primeira delas é un obradoiro aberto a todo o público no que se difunde o libro de recollida etnográfica "Galicia latente", un traballo de autoedición de 2023 do fotógrafo Eduardo de Martís. Está dirixida esta proposta a un público interesado na contemporaneidade galega e nos símbolos actuais da nosa particularidade como pobo. A segunda cita vén da man da autora barreirense Lucía Ferro e de José Manuel Ventoso Picos. É unha charla coloquio que afonda no mundo da edición de libros á marxe das editoriais, chamémoslle convencionais». 


La edil indicó que «un dos pratos fortes vai ser tamén a visita de Antón Riveiro Coello, autor de "Hotel Carioca", Premio Álvaro Cunqueiro de Novela 2023. Tamén, como non podía ser menos, unha das presentacións está vinculada á figura das Letras Galegas 2024. Luísa Villalta. "Alma de violino" será presentada polas súas autoras Eli Ríos e Beatriz Maceda, e pola ilustradora Laura Suárez. Conectando coa parte etnográfica e musical que encetamos tratando a tradición dos Maios, unha das autoridades actuais no ámbito é Xulia Feixoo, que presenta o seu libro "Concha do Canizo". Este pandeiro que toco, que edita A Central Folque. Tamén, especialmente dedicado a público familiar, recibimos a Xabier Iglesias co seu "Baile Tradivertido", un obradoiro de música e movemento na tarde do domingo. Tamén no seo da programación de Letras no Campo entregaranse os premios do Certame Infantil de narración e debuxo Letras Galegas 2024, o sábado a última hora, para os creadores ribadenses. E rematamos anunciando tamén a presenza dunha das autoras máis populares do panorama editorial galego. Ledicia Costas presentará en Ribadeo a súa última novela "Pel de cordeiro"».


Sanjurjo añadió: «na Sala do Campo poderemos gozar da exposición Cen anos sen El Viejo Pancho. E no parque durante toda a semana acompañaranos a expo "Orgullo da nosa lingua", unha mostra sobre un idioma único e as moitas razóns para querelo e falalo. Agardamos que este deseño resulte atractivo para ribadenses e visitantes e que anime a asistir ás presentacións e actividades participativas e á compra de libros. Vémonos na feira».