Ribadeo ha recibido 300.000 euros de fondos europeos para llevar a cabo un proyecto de expropiación que tiene como objetivo incrementar la superficie y mejorar la conectividad del hábitat en el litoral. El alcalde, Dani Vega, destacó la importancia de esta inversión y las gestiones realizadas para conseguirla.
El regidor explicó: "Na comisión celebrada na tarde de onte, aprobamos un proxecto de expropiación para o incremento da superficie e mellora da conectividade do hábitat no litoral do noso concello. Vamos actuar no entorno da praia das Catedrais, isto é conservar o espazo natural, seguir conservando todo un monumento natural como é na praia das Catedrais e polo tanto damos outro avance".
Vega añadió: "Con qué orzamento? Cun proxecto europeo que solicitamos e foi aprobado preto de 300.000 euros para expropiar e tamén coidar todo ese espazo. Do mantemento durante os próximos anos vaise encargar o Goberno do Estado. E a nosoutros parécenos que o importante tamén é esa colaboración institucional entre as administracións e que nos dean cartos, a través dos fondos europeos, para expropiar e que o Goberno do Estado conserve todo este espazo é moi importante. O Concello non pon nin un euro, aforramos fondos propios grazas a axuda neste caso do Goberno do Estado".

Para Dani Vega, "trátase dun paso importante e así os datos o din, convértennos no Concello que máis fondos europeos xestionou neste ano e oito meses. Na praia das Catedrais, no entorno da praia tamén de Esteiro, en Illas e tamén no entorno da ría de Ribadeo. Isto é un dato importantísimo, acredita a gran xestión do Concello, que busca e xestiona orzamentos de distintas administracións, neste caso dos fondos europeos, para investir e así avanzar".
El alcalde de Ribadeo considera que "trátase dunha boa noticia, unha gran noticia deste proxecto da praia das Catedrais, da conservación, da mellora da conectividade do hábitat que hai nese areal. Seguimos traballando, seguimos investindo dentro tamén das melloras que tivo a praia das Catedrais grazas á colaboración da Xunta de Galicia: os accesos de entrada, o aparcamento, tamén todo o muro de pedra e esa conservación, a zona que se limitou. Polo tanto, toda esa inversión tamén de preto de 70.000 euros foi outra partida que se xestionou e que o Concello non tivo que poñer ningún euro. Iso é o traballo, esa é a vocación que ten este Concello, de que non poña orzamentos propios e que se xestione, que se busque o máximo orzamento noutras administracións".