Ferido e trasladado ao hospital ao caer da súa motocicleta en Ribadeo
01 de septiembre de 2023 (09:43 h.)
Na tarde de onte, xoves 31, un home resultou ferido ao caer da súa motocicleta cando circulaba pola N-642 á altura de Santalla de Vilausende, en Ribadeo. Foi entón cando varios particulares deron aviso do accidente ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) do 112 Galicia.
O home, de nacionalidade estranxeira e duns 50 anos de idade, foi trasladado en ambulancia ao Hospital Público da Mariña en Burela.