Encuentro sobre robótica en Ribadeo, organizado por APAGA
Ribadeo acogerá del 13 al 17 de noviembre una reunión del proyecto europeo de robótica en el que participa Apaga, Asociación de Profesores de Automoción de Galicia . Al encuentro asistirán veinte profesores y alumnos procedentes de Turquía, Polonia e Italia, que además visitarán centros de enseñanza y empresas y conocerán la comarca y otras ciudades como Lugo, Santiago y Avilés.
El presidente de Apaga, Álvaro Doural, contó que “esta é a última xuntanza deste proxecto europeo, que reúne a centros educativos de Turquía, Polonia e Italia. Nesta parte final hai un apartado dedicado á actividade cultural e visitas a empresas. Empezaremos o día 13, cando teremos un acto de acollida no local de Apaga. E despois, ás 10 da mañá, haberá unha recepción no Concello de Ribadeo, na que estará o alcalde. A continuación actuará un grupo de gaitas ribadense e pola tarde faremos unha visita cultural guiada polo casco antigo de Ribadeo, un percorrido pola zona das praias e un paseo en barca pola ría de Ribadeo”.
Doural siguió relatando que “o día 14 haberá unha visita ao campus universitario de Lugo, concretamente á facultade que leva o tema de Robótica, tamén teremos unha recepción no Concello por parte da alcaldesa e unha visita cultural por Lugo. Pola tarde no CIFP Politécnico de Lugo vaise facer unha competición á que asistirá o alumnado dos centros participantes nesta iniciativa e do centro que acolle esta actividade, como fase final do proxecto. As actividades do día 15 empezarán ás 9 da mañá cunha visita á praia das Catedrais e despois, ás 11:30 horas, visitaremos a factoría de Alcoa en San Cibrao. A continuación, ás 14:00 horas, iremos ao IES de Foz, onde teremos unha comida servida polo alumnado de Hostalería dese instituto. E pola tarde haberá unha visita a Finca Galea, en Alfoz”.
Doural añadió “o 16 será un día moi intenso porque ás 8 e media da mañá vai haber unha visita a Televés, en Santiago, que é unha das empresas máis avanzadas no campo da robótica a nivel de España. Ás 10 e media iremos ás instalacións de Urovesa, que é a única empresa de España que produce vehículos, sorprendentemente; está en Valga, cerca de Santiago, e fan vehículos especiais para o exército cun desenvolvemento tecnolóxico moi alto, polo que é unha visita moi interesante. Ás 12:30 horas trasladarémonos a Finsa, que é unha das empresas de madeira máis importantes de Europa. ÁS 14:30 horas vai haber unha visita ao Parlamento de Galicia e pola tarde teremos un percorrido cultural pola cidade de Santiago. E o día 17 será a última xornada, na que pola mañá iremos ao centro integrado de FP de Avilés e a un grupo de empresas que se dedican á fabricación de robots no polígono industrial avilesino. Pola tarde será libre, para que os participantes nesta iniciativa estean pola vila ribadense e vaian ao comercio local, para que se vexa que tamén facemos cousas por Ribadeo, aínda que algunhas veces parece que hai xente que non acaba de entendelo. E á noite haberá unha cea, para rematar as actividades desta xuntanza”.
A este encuentro, que se celebrará en Ribadeo la próxima semana, acudirán profesorado y alumnado de tres países: “de Turquía virán 4 profesores e 3 alumnos; de Italia, 4 profesores e 2 alumnos; e de Polonia, 5 profesores e 2 alumnos”. Álvaro Doural indicó que “será un primeiro paso para as seguintes actividades que Apaga vai desenvolver a nivel europeo: temos xa aprobado un proxecto sobre o hidróxeno verde, que vamos poñer en marcha posiblemente antes de rematar este ano, aparte de todas as mobilidades de alumnado e profesorado. Neste momento estamos con moito traballo para poñer en marcha varias iniciativas a finais deste ano e durante o 2024”.