El Concello de Ribadeo y el Consorcio Galego de Igualdade e Benestar firman un convenio para financiar obras en el centro de día

La inversión asciende a 50.000 euros, que irán destinados a mejorar la accesibilidad y el equipamiento, a la eliminación de humedades y a trabajos de pintado.

Hoy, miércoles, se firmó el convenio de colaboración entre el Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar y el Concello de Ribadeo para financiar obras en el centro de día A Concordia. Firmaron este convenio el gerente del Consorcio, Perfecto Rodríguez, y el alcalde, Dani Vega, acompañados por el delegado territorial de la Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias; la concejala de Benestar Social, Elena Sierra; y el trabajador social municipal, José Luis Gegunde


Perfecto Rodríguez comentó: «xa o ano pasado fixemos unha primeira intervención para mellorar toda a carpintería exterior deste edificio tan singular que acolle este centro de día. E agora vamos seguir facendo reformas para que pouco a pouco siga tendo unhas condicións ideais para a atención aos nosos maiores. Neste caso imos mellorar o espazo exterior, para que haxa unha zona de recreo para os maiores ben accesible. Ao mesmo tempo faranse intervencións no interior e reposición de mobiliario. E a maiores imos contratar unha climatización da galería do centro de día para esa zona que é tan bonita, cunhas vistas espectaculares, e que en moitos momentos do verán os maiores ata o de agora non a podían usar en condicións idóneas porque os días de calor era complicado, pero agora con esta climatización cremos que esa zona do centro vai ser dun uso ideal para os maiores. En total entre o convenio e esta intervención imos investir 65.000 euros, que vai executar na súa maior parte a través deste convenio o propio Concello, como titular do inmoble».

El gerente del Consorcio destacó «a preocupación que o Concello de Ribadeo, a través o seu alcalde desde a súa chegada, está tendo para que este centro teña mellores condicións. Así mo trasladou desde a súa toma de posesión e desde ese momento a través de convenios levamos facendo investimentos no centro, que esperamos que no futuro sigan incrementando o benestar dos maiores que asisten a el»

El alcalde, que agradeció el trabajo realizado por el área de Benestar Social y por los trabajadores y trabajadoras del centro de día, manifestó que «o Concello de Ribadeo desde hai un ano abriu as portas ao investimento. Nosoutros non queremos enfrontamento de ningún tipo senón a colaboración de todas as administracións; e a Xunta de Galicia así o entendeu e está colaborando con cada unha das propostas que traslada o Concello de Ribadeo, despois dunha planificación e unha xestión para ese investimento porque hai unha demanda ou unha carencia ou houbo un abandono durante moito tempo. O centro de día traballaba coa Xunta de Galicia pero non había esa preocupación local por ter unhas instalacións acondicionadas. Investimos 16.700 euros nos peches do centro de día e agora imos investir 50.000 euros en accesibilidade e en equipamento. Eu creo que é moi importante destacar iso porque estamos traballando no que nos pediron os traballadores do centro para ter unhas instalacións acordes».


Vega añadió: «vamos seguir traballando, xestionando, utilizando cada vez menos os recursos municipais e destinándoos para asuntos fundamentais, e usando cada vez máis recursos doutras administracións. Menos fondos propios e máis doutras administracións, que é o importante. Esa capacidade de xestión e que eses investimentos veñan para Ribadeo».