El BNG de Ribadeo agradece el apoyo recibido en las pasadas elecciones autonómicas
El BNG de Ribadeo quiere mostrar su reconocimiento y gratitud a las 1.562 personas que depositaron su confianza en la candidatura del BNG para las elecciones gallegas celebradas este domingo, 18 de febrero. «Os nosos resultados foron moi bos; non por iso deixamos de recoñecer que queriamos un cambio de rumbo para Galiza. Pero o resultado, con ser insuficiente, mostra ben ás claras o recoñecemento por parte da cidadanía galega á nosa capacidade de ilusionar e deseñar alternativas para un país mellor», explican.
«Conseguimos case un 30% de sufraxios a nivel local, en consonancia co resto do país. Cremos que o noso labor como principal partido da oposición ao goberno municipal viuse recoñecido nestas eleccións co apoio recibido. A través dos mitins feitos nas parroquias, e a través tamén dos contactos sectoriais feitos en todo o concello, puidemos unha vez máis contactar coa veciñanza e atender as súas demandas e inquedanzas, que non son poucas», continúan.
En clave local, los nacionalistas critican la gestión del actual gobieno municipal: «a sensación de gasto desmedido vaise estendendo entre a veciñanza, por non falar das promesas incumpridas e da desatención de servizos básicos. E a xente está a preguntarse por que o goberno da Xunta segue sen cumprir coa promesa que o PP de Ribadeo fixo sobre os 700.000€ para a reforma integral do Hospital Asilo. Vaise contentar o alcalde de Ribadeo con felicitar o señor Rueda, ou vaille lembrar que ten que responder ante a cidadanía ribadense cumprindo a súa promesa dos 700.000€ para o Hospital Asilo?».
«Ribadeo, e toda a comarca da Mariña, van ter unha presenza clara e firme da man do deputado Daniel Castro. A defensa da sanidade, dos nosos sectores produtivos, os nosos sinais de identidade, e a necesaria aposta pola Mariña en materia de infraestruturas van estar acotío no Parlamento de Galicia da man do ribadense elixido nas listas do BNG», concluyen.