El BNG de Ribadeo advirtió que retirar el sistema de garantías traería caminos destrozados por las sacas de madera, "pero o goberno municipal ignorou o aviso"
En el pleno del martes 30 de enero, el gobierno municipal le dio el visto bueno a un convenio con la asociación LUGO-MADERA que supuso la derogación de una ordenanza anterior "que deu bos froitos ao longo dos distintos mandatos de goberno do BNG". Desde el BNG ribadense indican: "Ben que insistimos en que, se non había garantías, poderíase producir a situación que agora se deu: camiños desfeitos e a veciñanza preocupada e indefensa. Pero o señor Vega parecía máis interesado en quedar ben con alguén que en velar polos intereses de todas as veciñas e veciños de Ribadeo".
El portavoz del partido, Pablo Vizoso, recordó en dicho pleno que "un aspecto fundamental da anterior ordenanza era que o aval que se esixía servía de garantía para disuadir a quen se puidera ver tentado a non prestar a debida atención ao estado dos camiños. E ao desaparecer ese aval, e verse todo reducido a unha chea de boas intencións sen garantías firmes de que se vaia respectar o estado dos camiños, pois pasou o que pasou".
Según los nacionalistas "ben que se lle advertiu ao equipo de goberno que isto podía pasar, pero o rexedor atacou frontalmente o noso voceiro e a nosa organización, negándose a ver a evidencia. E agora, por primeira vez na historia do Concello, suspéndense as cortas de madeira. E o alcalde dedicase a finxir un suposto enfado que tampouco o é ben do todo, pois cunha man advirte pero coa outra tempera gaitas para non quedar a mal con alguén. E de paso fálanos do tempo como se todo fose culpa de todo menos de quen ten a responsabilidade de manter os camiños en condicións: quen saca a madeira. E o alcalde, de velar por que iso se cumpra".
"Cada vez con máis claridade, vaise vendo que imos tendo razón. Viuse agora con este tema, pero tamén se vai vendo día a día co gasto descontrolado que obriga a ir botando man de remanentes que estaban pensados para investimentos, non para gasto corrente. Ou tamén a pedir novos créditos. Pero o goberno municipal segue ao seu, a piñón fixo. Pode ter seguro a veciñanza que o BNG seguirá aí, fiscalizando o labor deste equipo de goberno e propoñendo alternativas" finalizan.