El BNG acusa a Dani Vega de «manipular» sobre la tala de árboles y la reforma del campo de San Francisco

Los nacionalistas cuestionan al alcalde tras el pleno extraordinario solicitado por el BNG y el PSOE para debatir sobre la tala de árboles y la reforma del campo de San Francisco

Tras la celebración del pleno extraordinario solicitado por el BNG y el PSOE para tratar la tala de árboles en Ribadeo, los nacionalistas han cuestionado la postura del alcalde, Daniel Vega.

Desde el BNG consideran que «para evitar recoñecer o enorme erro cometido coa corta indiscriminada de árbores por parte do goberno municipal, Daniel Vega volveu botar man da manipulación e da terxiversación, cando non da mentira directa».

Afirman que «como fío argumental empregou a constante apelación ao anterior goberno acusándoo de deixar Ribadeo sen árbores. Tras un relatorio infindo, cheo de esaxeracións, para cansar o público asistente, pouco menos que quedaba a impresión de que o alcalde de Ribadeo, ao chegar ao goberno, atopou un concello sen árbores».

Los nacionalistas añaden que «tamén se dedicou a poñer por diante a terceiras persoas afirmando, por exemplo, que a directora do Gregorio Sanz foi quen demandou a poda e corta. Así consta por escrito, dicía o alcalde. Ben o desmentiu o centro en comunicación directa remitida ás nais e pais. Cheo de contradicións, Daniel Vega aclarou que no escrito inicial constaban as palabras 'poda' e 'corta', pero que fora un erro usar a palabra 'corta'. E dicimos nós, se non se debía cortar, se inicialmente estaba previsto que só había que podar, que non era intención do concello cortar, por que se cortou? É máis: se só había que podar, por que a día de hoxe aínda non remataron os traballos de poda no Gregorio Sanz?».

Desde el BNG también cuestionan los argumentos del alcalde sobre la seguridad, indicando que «así mesmo, apelou á seguridade da picaraxada, pero esquecendo que os traballos de corta e poda tamén foron feitos en horario escolar estando as máquinas (motoserras, brosas, etc.) no patio, sen perimetrar a zona de traballo. Sabe inspección educativa que se levaron a cabo estes traballos no interior do recinto escolar e sen que houbese un plan de seguridade?».

El segundo asunto tratado en el pleno extraordinario fue la reforma del campo de San Francisco. En este sentido, los nacionalistas señalan que «volveu marear o peixe falando dun feixe de detalles do seu mantemento e ignorou o fundamental: hai un plan preparado xa no que se vaia abordar unha reforma integral que implique a corta de árbores, mesmo centenarias? No pleno puidemos escoitar a voz de Daniel Vega, unha gravación dun programa de radio, destacando que quería unha reforma integral do parque para poder ver a casa do concello desde a mesmísima rúa de San Francisco».

Finalmente, concluyen que «sen maior miramento, o alcalde desmentiuse a si mesmo e comentou que iso non era certo, que eran manipulacións do BNG. Pero a xente ben o escoitou na radio e leuno na prensa. Daniel Vega é presa das súas propias mentiras. Escoitamos a súa voz, reproducida da radio, laiándose de que os camións dunha coñecida orquestra non ían poder entrar no Cantón. E tamén reprochaba que nos negásemos a admitir as bondades (con corta incluída) da reforma da praza de Pancho Maseda. Outro tema que haberá que abordar máis adiante».