Alumnos del CIFP Porta da Auga desarrollan un proyecto sobre accesibilidad
Alumnado del ciclo de atención a personas en situación de dependencia del CIFP Porta da Auga, junto con las profesoras Belén Blanco y Eva Cabanelas, han desarrollado un proyecto de accesibilidad de Ribadeo. La iniciativa, llamada Diverspazo, incluye señalización específica con un código QR mediante el que se enlaza a un sitio web con información sobre los inmuebles municipales y lugares públicos que están adaptados para todas las personas. El proyecto está incluido en el Programa Lanzadeiras de la Xunta de Galicia y cuenta con la colaboración del Concello de Ribadeo.
Belén Blanco explica que se trata "dun proxecto relacionado coa diversidade de todo tipo, pero principalmente coa física; centrámonos na motora. Consiste en analizar os diferentes espazos do concello de Ribadeo para ver cales serían accesibles a persoas que teñen algún tipo de diversidade. Isto garda relación con varios módulos que teñen no ciclo, pero o meu en concreto é características e necesidades. Elaboramos unhas enquisas que mandamos por Google Forms a máis de 50 centros e entidades que traballan no ámbito da diversidade ou das persoas maiores. Con esas enquisas pretendíamos conseguir información acerca de que é o que fan para organizar excursións e saídas. E comprobouse que están un pouco descontentos porque non todos os espazos aos que quererían ir poden ser disfrutados por completo polas persoas con diversidade”.
El proyecto también incluye accesibilidad en espacios naturales. "Hai praias que teñen un corredor de madeira, pero non dispoñen dunhas cadeiras anfibias para meterse na auga, por exemplo. Ou teñen unha zona na que comer, pero non hai uns corredores en condicións para que eles poidan acceder”, engade Belén Blanco, que también comenta que “a partir das enquisas, detectouse que, para saber se os espazos cumpren uns requisitos, os que traballan con persoas con diversidade contactan con coñecidos que lles contan que foron a determinado sitio porque está ben, ten baños accesibles, na cafetería hai espazo para as cadeiras de rodas, etcétera. Incluso o propio traballador, se é moi implicado, vai aos lugares antes para revisalo, o que supón un gasto de diñeiro e de tempo. Na enquisa comentaron que internet é o que menos se usa para consultar isto. Entón pensamos que se podería crear unha páxina web e fixemos unha landing page, algo moi humilde. Pero a idea é que a longo prazo nesa páxina web aparecesen lugares accesibles de restauración, espazos públicos, museos, etcétera, de toda Galicia, localizados por provincias e por concellos. E que incluso houbese algunha ruta deseñada co que poderían facer nesa localidade todas as persoas, para que saiban a que lugares poden ir a disfrutar realmente”.
.Danii Vega, alcalde de Ribadeo, manifiesta que "o Concello está traballando na mellora da accesibilidade de todos os edificios públicos: na Escola Municipal de Música imos construír un ascensor, imos eliminar a rampla lateral e imos mellorar moitos espazos naturais, puntos turísticos, como pode ser O Cargadeiro, Illas, Castros, onde melloraremos todo o que poidamos, o que nos permita Costas. Tamén na praia das Catedrais e nos distintos espazos públicos que temos en Ribadeo e seguir paulatinamente, pouquiño a pouco, mellorando os edificios municipais”.