Agradecemento ás mestras voluntarias en Ribadeo
04 de agosto de 2023 (18:00 h.)
O alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Benestar Social, Elena Sierra, recibiron no Concello ás voluntarias que un ano máis ofreceron clases de
reforzo escolar a nenas e nenos ribadenses na Casa da Xuventude. Xunto a elas estiveron tamén o traballador social José Luis Gegunde e a educadora familiar Fianma Prada.
O rexedor municipal comentou: «grazas mestras polo voso traballo desinteresado, polo voso tempo, por axudar voluntariamente a moitos/as pícaros/as a acadar os seus obxectivos académicos sempre con cariño e respecto».