Acisa Ribadeo presentará la campaña «Pensando en ti» en Fitur

Jesús Pérez, en una de las ediciones de Fitur
Participará en la delegación ribadense junto con el Concello

Acisa presentará la campaña «Pensando en ti» en Fitur. Acudirá a la feria junto con el Concello de Ribadeo entre los días 22 y 26 de enero. El gerente Jesús Pérez indicó que «coa campaña Pensando en ti pretendemos mostrar que Ribadeo ten opcións turísticas para todos os gustos, turismo de mar e montaña, de ocio, de cultura, de gastronomía, para xóvenes e para adultos, para familias con nenos… En definitiva Ribadeo pensa en todos para ofrecer o mellor de si e que o turismo siga a impulsar a nosa economía. O obxectivo principal da nosa presenza en Fitur é ofrecer Ribadeo como un destino de calidade, aberto a calquera turista que queira coñecer o noso municipio»

Pérez apuntó que «participaremos co Concello en reunións de traballo con operadores e axencias turísticas, na procura de dar a coñecer os servizos turísticos, hostaleiros, hoteleiros e comerciais que Ribadeo pode ofrecer aos futuros visitantes. Pretendemos tamén establecer acordos e puntos de colaboración con intermediarios e outros destinos, así como favorecer a difusión de Ribadeo como un destino de calidade visitable durante todo o ano, poñendo en valor as campañas e marcas turísticas de Acisa e, do mesmo xeito, reunirnos con diferentes colectivos similares o noso, dos que podamos aprender e compartir ideas e proxectos e establecer relacións con clústers e representantes de turismo das diferentes administracións».

El gerente de Acisa manifestó que «a presenza de Acisa en Fitur é moi relevante, xa que aglutinamos á maior parte do tecido empresarial ribadense, e moi especialmente ao do sector turístico. Os nosos asociados e asociadas son os principais beneficiarios dela. A implicación do sector é un piar fundamental na nosa promoción como destino turístico, por elo, Acisa segue asistindo ano a ano a esta Feira desde case a súa fundación».