Acisa Ribadeo presenta la XIV Festa do Comercio

Presentación XIV Festa do Comercio
Se desarrollará hasta el 11 de enero y se sortearán un viaje a Mallorca y 6.000 euros en vales de compra, entre otros premios

Acisa Ribadeo presenta la campaña de la XIV Festa do Comercio, que tendrá lugar hasta el 11 de enero, día en el que se realizará el sorteo presencial en la carpa situada en la Avenida Rosalía de Castro, donde se repartirán 6.000 euros en vales de compra, además de un viaje a Mallorca.

La presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, explica que «co fin de impulsar as compras durante o mes de decembro e tamén durante os primeiros días das rebaixas de xaneiro, as rifas estarán a disposición dos clientes en todos os negocios asociados a Acisa Ribadeo».

Carmen Cruzado también afirmó que «con esta campaña queremos poñer o broche de ouro á conmemoración do 35 aniversario de Acisa Ribadeo que celebramos neste 2024. De aí que pensásemos en mandar a unha parella a Mallorca a pasar uns días, porque unha das primeiras directivas que tivo Acisa nos seus inicios xa sorteara unha viaxe a esa illa. E fíxonos ilusión repetir esa experiencia para pechar este ano tan especial para a nosa asociación».

El gerente de Acisa, Jesús Pérez, indicó que «todas aquelas persoas que fagan as súas compras no comercio asociado a Acisa Ribadeo recibirán as papeletas para participar no sorteo. En total póñense en circulación 180.000 rifas, que son 10.000 máis que na pasada edición, e 30.000 máis que hai dous anos, o que quere dicir que esta actividade de Nadal é un éxito rotundo pola demanda de rifas que cada ano temos».

Pérez Prada explicó que «os premios serán repartidos da seguinte maneira: unha viaxe a Mallorca para dúas persoas durante catro días, un premio de 2.500 euros, un de 1.500 euros, un de 1.000 euros, un de 500 euros, dous de 250 euros (un deles será non presencial), un reloxo Time Force modelo Status Chrono e un colgante de prata de lei exclusivo con madreperla. O premio non presencial será sorteado entre o número total de papeletas impresas. E o resto de premios sortearanse entre os números que o día 11 de xaneiro estean depositados na urna que estará situada na mesma carpa».

Añadió que «é moi importante destacar que a rifa debe conservarse ata o 11 de xaneiro e que ese día pola tarde deberá introducirse na urna unha das dúas partes nas que se divide, e seguir conservando a outra parte ata a mesma hora do sorteo. Deste xeito, unha parte estará na urna para poder ser extraída e premiada e a outra quedará con nós para comprobar se temos o número agraciado. Como sempre insistimos, esas rifas deberán ir debidamente seladas por cada establecemento para ser entregadas aos clientes».

Carmen Cruzado manifestó que «esta campaña facémola co fin de dicirlles aos ribadenses, á veciñanza da comarca e de lugares próximos, que Ribadeo é o mellor lugar para facer as compras, tomar un viño, encargar as comidas e as ceas de Nadal e desfrutar dunhas festas diferentes, e así ademais poder gañar un destes premios tan importantes. Ademais, sendo o último evento do 2024, parecíanos interesante darlle un toque extra nun ano especial como é este no que celebramos o 35 aniversario da asociación. Esta campaña tamén se verá reforzada con outras iniciativas que se darán a coñecer nos vindeiros días».

La presidenta de Acisa tuvo palabras de agradecimiento «para Be One como patrocinador principal, para Multitrasteros, Xoiería Azabache e Terra Branca, como empresas colaboradoras, e para o Concello de Ribadeo, que nos facilitará a carpa e os medios para a realiización do sorteo. Destacar tambén que esta  é unha actividade que conta coa bofinanciación da xunta de Galicia».

En el acto de presentación de la XIV Festa do Comercio de Acisa Ribadeo participaron la concejala de Comercio, Marta Saiz; el CEO de BeOne, Roberto Ramos; la gerente de Gestión Gratelu, Pablo Posada; así como la presidenta y el gerente de Acisa, Carmen Cruzado y Jesús Pérez.