Acisa Ribadeo entrega 4.800 bolsas para el comercio asociado

Las bolsas son de algodón reciclado
Están destinadas a la temporada de Navidad

Acisa Ribadeo entrega 4.800 bolsas gratis para el comercio asociado que se destinarán a la temporada de Navidad. El gerente Jesús Pérez afirmó que «como adoitamos facer polo Nadal este ano tamén entregamos de forma totalmente gratuíta materiais aos nosos asociados e asociadas. Primeiro fixémolo coa hostalería e agora tócalle ao comercio. Nesta ocasión fixemos un esforzo extra, dedicando preto de 13.000 euros para a adquisición destes materias, algo que puidemos facer co cofinanciamento da Xunta de Galicia. Grazas a esta inversión contamos con 4.800 unidades destas novas bolsas comerciais».

Carmen Cruzado, presidenta de Acisa Ribadeo, manifestó que «deste xeito, as nosas asociadas e asociados de comercio contarán con bolsas corporativas para o Nadal. Para o deseño utilizamos a imaxe de Acisa, na que se debuxa o noso SkyLine baixo o slogan de O teu comercio. Así entramos nos fogares de moita xente, entregándolles ademais un produto duradeiro, como gran novidade, xa que son bolsas de algodón 100% reciclado, iso quere dicir que se poderán reutilizar durante anos para moitas funcións, unha vez que a recibimos na tenda pola compra realizada no seu día. O tamaño das bolsas é o habitual, de tipo mediano que serve para a grande maioría de negocios».

«Na directiva de Acisa estamos moi satisfeitos de poder seguir ofrecendo diversidade de materiais ás nosas empresas, xa que sempre son moi demandados e moi ben recibidos. Aqueles asociados e asociadas que desexen estes materiais, falamos neste caso das bolsas reutilizables para o comercio, poden solicitalas dende hoxe e ata o 1 de decembro. E poderán comezar a recollelos nas oficinas de Acisa, de 9:30 a 14:30 horas ou de 15:30 a 17:30 horas».