Acisa Ribadeo conmemorará su 35 aniversario en la X Gala Anual

En la gala se entregarán, además, varios galardones: al relevo generacional, a negocios emblemáticos y al ribadense del año. 

Carmen Cruzado, presidenta de Acisa, explicó que «na asemblea ordinaria, que tivemos onte, anunciamos a intención desta directiva de volver celebrar a Gala Anual de Acisa Ribadeo. Consideramos importante esta cita, xa que neste ano conmemorase o 35 aniversario da nosa entidade. Polo tanto, podemos xa anunciar oficialmente a celebración da X Gala de Acisa Ribadeo – 35º Aniversario. Despois de 4 anos sen xuntarnos por mor da pandemia, coa súa recuperación pretendemos reafirmar o noso compromiso coas nosas asociadas e asociados, os lazos empresariais, así como o intercambio de opinións, experiencias... por iso animamos a todo empresariado asociado e tamén ao non asociado a que poidan asistir. A X Gala Anual de Acisa Ribadeo – 35º Aniversario, celebrarase o domingo 28 de abril no Parador de Turismo ás 21:00 horas. O prezo da entrada será de 35 euros, e as entradas poderán adquirise a partir do 1 de abril nas nosas oficinas situadas na rúa San Roque 57 – baixo, a través do teléfono
663 39 62 26 ou e-mail info@acisaribadeo.es». 

Cruzado Iglesias anunciou que «nesta X Gala de Acisa Ribadeo – 35º Aniversario, esta directiva tamén decidiu recuperar a entrega dos nosos galardóns en tres categorías. En primeiro lugar, nunha nova creada este ano, entregaremos o galardón en recoñecemento ao relevo xeracional a María Antonia López Lens e María Gamallo López. Son nai e filla, primeira e segunda propietarias de Xeito Decoración e Sargadelos Ribadeo, establecementos que seguen abertos grazas ao relevo xeracional familiar. En segundo lugar, acordamos conceder o galardón ao recoñecemento como negocios emblemáticos de Ribadeo, Pastelaría La Candelaria e Panaderia La Plaza, en recoñecemento pola súa traxectoria como locais que fixeron historia en Ribadeo. Ambos pecharon as súas portas recentemente. E por último, concederemos o galardón ou premio como ribadense do ano a Vicky Álvarez Lebredo, polo seu amor por Ribadeo, pola súa implicación no traballo e nas actividades organizadas por Acisa, así como pola súa implicación e participación nas accións desenvolvidas pola AECC ou en citas como o Entroido ribadense».


Carmen Cruzado subliñou que «en Ribadeo hai máis negocios emblemáticos, hai máis relevo xeracional e hai máis persoas que poderían ser as ribadenses do ano. Neste 2024 eliximos estas e en vindeiras edicións serán outras as receptoras destes galardóns de Acisa. Tal e como comentamos na asemblea de onte estamos orgullosos nesta directiva de ver o relevo xeracional que está habendo en moitos negocios en Ribadeo en sectores como o da mercería, da panadería, de hoteis e restaurantes, de calzado ou de gasolineira, por poñer so uns exemplos».


Cuentas, presupuesto de 2024 y otros asuntos


El gerente de Acisa, Jesús Pérez, indicó que «tamén tratamos outros importantes asuntos. Foron aprobadas por unanimidade as contas anuais do exercicio 2023, cuns ingresos de 129.829,38 euros provenientes das cotas, subvencións tanto da Xunta de Galicia, do Concello de Ribadeo e da Deputación de Lugo; e uns gastos de 127.687,38 euros; dos que investimos 64.691,52 euros en actividades e materiais para socios, 4.749,25 euros en colaboracións, 4.461 euros en vales de compra e o resto do presuposto no mantemento estrutural de Acisa. Estes gastos e ingresos apórtannos un remanente positivo para o 2024 de 2.142 euros. As contas foron aprobadas por unanimidade».


Pérez Prada continúa: «fixemos tamén unha pequena análise do estado da asociación, que a 31 de decembro de 2023 contaba con 168 socios, tras a alta de 31 novos negocios, realizamos 41 actividades, colaboramos con 7 entidades, temos activos 12 convenios vantaxosos para socias e socios, aumentamos os patrocinios chegando a mais de 6.600 euros, que nos axudan a cofinanciar as nosas actividades, xeramos en torno a 1.000 impresións en prensa, obtivemos mais de 1,5 millóns de visitas as nosas redes e web, e repartimos un total de 80.000 unidades de diferentes materiais gratuítos».


El gerente de Acisa añadió que “tamén se fixo un pequeno balance comparativo da evolución da entidade nos últimos anos. No ano 2014 realizábanse 14 actividades e no 2023 fixemos 41 triplicando así o numero de actividades. En relación ao numero de
socios, pasouse de 130 socios no 2014 a 168 en 2023, o que supón un aumento de preto dun 30%. Hai dez anos Acisa contaba con 3 convenios activos e na actualidade ten 12, cuadriplicando a oferta. En 2016 non se entregaba ningún material gratuíto aos socios e no 2023 entregáronse 80.000, facendo ademais un acumulado neste período de 200.000 unidades de diferentes materiais gratuítos entregados. Tamén se aumentou o financiamento da nosa entidade, pasando de 0 patrocinios no ano 2017 a 5 patrocinios privados por importe de mais 6.600 euros. E no relativo á saúde financeira da entidade, pasamos de ter no ano 2016 uns ingresos de 102.000 euros a 127.000 euros no ano 2023, representando un aumento de preto do 25 %. Destacar tamén que somos capaces de aumentar a nosa oferta de actividades, de materias e servizos practicamente co mesmo gasto que se realizaba en 2016. No tocante ao resultado do exercicio rematamos o 2023 con 2.142 euros de remanente positivo, confirmando a senda de
saneamento das contas. Estas cifras non son cousa dun día, veñen dun traballo de anos, no que se foi progresivamente crecendo en socios, servizos, actividades, e no que se foi xestionando mellor o presuposto. Os datos constatan o bo traballo do pasado e do
presente”.


La presidenta de Acisa apuntó que «tamén foi aprobado por unanimidade o presuposto do ano 2024, que se cifra en 136.722 euros. No tocante aos ingresos prevé contar coas mesmas axudas publicas que no pasado ano e aumentar tanto os ingresos por cotas como especialmente os patrocinios privados, aspecto este no que traballamos con moito fincapé, xa que nos permite realizar un maior numero de actividades. E no tocante os gastos, prevese un aumento no gasto en campañas propias, na contía das colaboracións con outras entidades e eventos, xa que a lo menos colaboraremos con 3 novas entidades, e tamén aumentaremos especialmente a partida de premios en vales de compra chegando case a repartir neste ano 2024 preto de 8.000 euros en diferentes campañas».


Desde la directiva de Acisa apuntan que «na asemblea informouse tamén demos conta das actividades previstas para o ano 2024, especialmente aquelas nas que xa se está a traballar de cara aos próximos meses, así como do informe de días festivos e domingos de apertura e tamén das ampliacións horarias de hostalería. A formación estará moi presente ao longo dos vindeiros meses en Acisa. Xa podemos adiantar que en abril hai previsto un curso de repostería, así como outros relativos ás redes sociais. E en traballamos tamén na organización dunhas novas xornadas gastronómicas para o mes de maio. Como sempre facemos desde Acisa, puxemos a disposición dos socios nesta cita toda a documentación á súa disposición a través dun informe, que por suposto poden consultar en calquera momento nas nosas oficinas».