Acisa repartirá más de 53.000 premios en una nueva edición de la campaña Rasca e Gaña
La presidenta de la Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo, Carmen Cruzado, subrayó que «presentamos esta campaña, que se vai desenvolver desde este xoves e ata o 23 de xuño co obxectivo de potenciar as vendas neste período do ano, tras a celebración o dia da nai e previo ás rebaixas de verán. Os premios son moi interesantes e atractivos para a clientela do comercio, da hostalería e dos servizos de Ribadeo. Saír dun bar cun vale para mercar un regalo no comercio de Ribadeo ou ir mercar a unha tenda un agasallo e saír cunha botella de viño para levar para a casa ou cunha cea está moi ben».
Cruzado Iglesias indicó que «con este Rasca e Gaña tamén lle estamos dando as grazas á clientela que segue confiando en nos e que seguen mercando en Ribadeo, a todas esas persoas que apostan polo noso comercio para facer as súas compras e ás que elixen a hostalería local para as súas celebracións ou para compartir momentos coas amizades. En definitiva estamos dándolle as grazas aos clientes de sempre, aos clientes que están a facer que saiamos para diante».
La presidenta de Acisa agradeció «especialmente aos establecementos que doaron algún premio pola súa xenerosidade. Isto foi posible unicamente grazas a eles, á súa xenerosidade coa asociación, pero sobre todo cos seus clientes. Son 96 os locais que están presentes cos seus agasallos neste Rasca e Gaña. Esta campaña ten unha clara intención, agradecer en forma de premio a fidelidade que están a ter os ribadenses co comercio e a hostalaría locais».
El gerente de Acisa, Jesús Pérez, explicó que «os rascas estarán dispoñibles nos 96 establecementos asociados a Acisa, que colaboraron doando algún premio. Póñense en circulación 125.000 rascas dos que mais de 53.000 conteñen agasallos, mellorando moito a edición do ano pasado na que se editaron 100.000 rascas con 15.000 premios. Se xuntamos o valor económico de todos os premios probablemente esteamos diante da campaña mais importante dos últimos anos».
Pérez Prada señaló que «neses mais de 53.000 rascas premiados hai desde botellas de viño, ceas, merendas e comidas, menús especiais, cañas, copas, almorzos, cervexas, descontos en tendas do 5% ao 50 %, promocións 2x1 ou vales de compra por importe de 5, 10, 15 e 20 euros. Tamén hai regalos directos, como reloxos, produtos personalizados, e lotes de verán». Y añadió que «a mecánica da campaña é sinxela. Por cada compra un cliente poderá pedir o seu rasca debidamente selado. Se resulta agraciado cun premio terá que reclamalo no establecemento que lle indica o rasca. Os premios poden reclamarse ata o 23 de xuño e non son acumulables entre eles nin con outras promocións. As bases da campaña poden consultarse nas redes sociais ou na web de Acisa así como os premios aos que se pode optar».
El Rasca e Gaña de Acisa cuenta con la colaboración de 96 establecimientos donadores de premios y está cofinanciado por la Xunta de Galicia. La campaña fue presentada por la presidenta, la vicepresidente y el gerente de Acisa, Carmen Cruzado, Virginia Eceiza y Jesús Pérez.