Acisa pone a disposición de sus asociados 17.000 nuevos materiales gratuitos para hostelería

Se trata de envases de comida y bebida para llevar 

La presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, explicó que «Acisa pon un ano máis novos materiais gratuítos a disposición dos seus socios e socias. Nesta ocasión trátase de bolsas para as botellas de viño, envases de comida para levar e vasos térmicos para cafés ou infusións. Desde Acisa quixemos repetir este esforzo especial para poder axudarlle á hostalería pensando na campaña de Nadal e no vindeiro ano e facémolo tentando aforrarlles custes no seu día a día. Por este motivo poñemos á súa disposición envases de comida para levar e vasos térmicos. Son materiais moi empregados e demandados durante todo o ano».


El gerente del colectivo empresarial ribadense, Jesús Pérez, subrayó que «estamos a falar de 1.000 bolsas para botellas de viño, de 12.000 envases de comida para levar nun tamaño de 1.900 cl en aluminio e que se poden empregar no microondas, e 4.000 vasos térmicos para café ou infusións. Aqueles establecementos hostaleiros que precisen estes materiais poden pasar a recollelos durante todo o ano pola oficina de Acisa».

Pérez Prada indicó que «o investimento realizado está preto dos 4.000 euros que podemos realizar con fondos propios e con cargo ao convenio anual asinado co Concello de Ribadeo. Facemos un esforzo moi importante desde Acisa para dotar aos nosos asociados deste material de xeito totalmente gratuíto, porque creemos e temos acreditada a súa gran utilidade e por iso priorizamos estas accións na nosa programación. Entendemos que estamos diante dunha grande vantaxe para que os novos negocios que deciden instalarse en Ribadeo valoren o feito de asociarse a Acisa».


Cruzado Iglesias señaló que «tamén haberá materiais gratuítos para o comercio, que presentaremos proximamente. Por estas e outras moitas razóns calquera momento pode resultar idóneo para formar parte da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo, desde a que prestamos asesoramento aos negocios locais adheridos e desde a que organizamos moitas campañas ao longo de todo o ano, para a hostalería, para o comercio e para os servizos co obxectivo claro de dinamizar estes sectores e a economía local. Canta mais xente se achegue a Ribadeo ao longo do ano, non so en tempada alta, mellor nos irá a todas e todos».


La presidenta de Acisa anunció que «estamos a poñer en marcha unha nova campaña de captación de socios. Queremos que os comercios, os locais hostaleiros, as industrias, os autónomos, os hoteis e os servizos se integren en Acisa. Cantos máis sexamos máis actividades poderemos organizar e máis forza teremos diante das administracións. Somos a asociación máis numerosa de toda a provincia de Lugo e iso é unha grande responsabilidade para esta directiva e esta xerencia. Queremos ser máis e niso tamén estamos a traballar neste momento».


'Merca no teu comercio'


Desde Acisa Ribadeo animan «a toda a veciñanza e visitantes a participar na segunda edición da campaña 'Merca no teu comercio', que organizan a Federación Galega de Comercio e a Xunta e coa que colaboramos desde Acisa. Comezou onte e van sortear 11.000 euros en premios, repartidos en 50 vales de 200€, para as compras realizadas entre o 10 e o 30 de outubro en establecementos asociados de toda a provincia de Lugo, no caso de Ribadeo só nos asociados a Acisa. Participar é moi sinxelo, o cliente realiza a compra, rexístraa na páxina web e garda o seu tícket».