Inspección técnica para os vehículos agrícolas no concello de Ribadeo
O concelleiro de Medio Rural, Diego Dos Santos, explicou que «a Unidade Móbil da Inspección Técnica de Vehículos estará no municipio de Ribadeo os días 28 e 29 de setembro e o 2 de outubro realizando unha inspección técnica de vehículos agrícolas».
O edil ribadense contou que «o día 28 será en Cedofeita en horario de 9 a 13:30 h e de 15:15 a 18:00 h. E o 29 tamén en Cedofeita de 9 a 13:30 h. Esa Unidade Móbil trasladarase o 2 de outubro a Vilaframil, onde estará tamén de 9 a 13:30 h e de 15:15 a 18:00 h».
Diego Dos Santos engadiu que «as citas poderán concertarse a través da web www.sycitv.com ou no teléfono 902 30 90 00. A admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentarias».